Foto: Xenaro Martínez Castro

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-186
Clasificación Genérica Pintura; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Atribuído a; Corte, Gabriel de la [Anverso: Escola madrileña. Pintor madrileño (1648-1694). A. Pérez-Sánchez no apoia a atribución a Gabriel de la Corte por razóns de factura. As flores deste autor son de estilo moi diverso e a escea parece de factura anterior á vida do pintor]
Título Escudo de Arava; Santiago Matamouros na batalla de Clavixo
Materia/Soporte Pintura ao óleo
Lenzo
Técnica Óleo sobre lenzo
Dimensiones Alto máx = 87,50 cm; Profundidade = 9 cm; Ancho máx = 128 cm
Lenzo: Altura = 73 cm
Descripción Anverso: escea de Santiago Matamouros na batalla de Clavixo. Aparece Santiago montado en cabalo branco enfrontándose a un batallón de guerreriros mouros dos que derruba a dous deles. Viste o apóstolo con túnica vermella e manto branco e porta ecudo oval coa Cruz de Santiago. A escea arrodéase dunha orla floral en cores vermellos, brancos e amarelos.
Reverso: Armas da provincia de Álava co castelo, o brazo da lei cunha espada, o león rampante e o lema " JUSTICIA CONTRA MALHECHORES".
Iconografia Santiago na Batalla de Clavixo; Santiago Matamouros
Inscripciones/Leyendas Reverso
JUSTICIA CONTRA MALHECHORES
Datación 1651=1700 (2ª metade do s. XVII. Reverso: 1ª metade do século XVII.)
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Madrid (m) (Area Metropolitana de Madrid (comarca), Madrid <(provincia)>) [Lugar de Producción dudoso]
Uso/función Devocional
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001 Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002. María Luísa de Orleáns, unha raíña efémera. Museo de Bellas Artes da Coruña, A Coruña, 12 de novembro de 2003 ao31 de xaneiro de 2004. Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007.
Clasificación Razonada A decoración das esceas con orlas florais tén a súa orixe no ámbito flamenco, a finais do século XV e primeiros do XVI e desenvólvese en relación coa exaltación dos sentidos do home, sendo así que as flores serían o símbolo do sentido do olfato e aínda en ocasións da vista. O tipo de representación relixiosas enmarcadas por orlas de flores es característico da época da Contrarreforma e da asociación do sagrado co profano. No ámbito español tivo éxito dende mediados do s. XVII, sendo algúns especialistas Van der Hammen, Juan de Arellano ou Gabriel de la Corte.
Nesta época finisecular, a pintura de flores alcanza en Madrid un amplio desenrolo, por influencia flamenca e de italianos como Mario Nuzzi ("Mario dei Fiori"), Margarita Caffi y Andrea Belvedere. O mais distinguido pintor de flores da Corte foi o madrileño Juan de Arellano. Este Santiago en Clavixo estaría, non obstante, na órbita de artistas como Bartolomé Pérez (1634-91) ou Gabriel de la Corte (1648-94), cultivadores modestos de pintura relixiosa enmarcada con ricas guirnaldas de flores.

Na España da Idade Moderna, e sobre todo en época barroca, a representación ecuestre e militar do apóstolo Santiago chegou a se converter en auténtico mito de Estado. No contexto da reconquista, en época medieval, instrumentalizouse hábilmente a imaxe triunfal de Santiago como soldado de Cristo, para representar de modo elocuente o seu patronazgo sobre a monarquía castelán-leonesa e o pobo hispánico. O seu poder mediador, nun ámbito espiritual, deviene axuda efectivan nos campos de batalla, logrando que as tropas cristiás alcancen a victoria gracias ao amparo do cabaleiro celeste. Así sucedeu, por exemplo, na toma de Coimbra (1064) polo rei Fernando I de León. En este trance prodúcese a miragrosa aparición de Santiago como soldado de Cristo, animando co seu sobrenatural presenza ás forzas cristiás que loitaban por conquistar a cidade (véase Historia Silense, 1115, y el Libro II del Liber Sancti Iacobi, ca. 1140). Un miragre que vincúlase coa a tradición da aparición de Santiago na batalla de Clavixo e nunha grande cantidade de combates que as hostes españolas libraron contra os seus inimigos, dende a Idade Media ata o s. XX.
Para a mentalidade hispana -medieval e moderna-, a imaxe ecuestre do Señor Santiago simbolizaba o ideal sacro da milicia católica que loitaba pola extensión da fe cristiá e a dilatación das fronteiras da monarquía. O poder iconográfico desta pintura do barroco español, realizada en tempos de Carlos II, último soberano da Casa de Austria, reside na vestimenta do Zebedeo; posto que Santiago non se viste con refulxente armadura, sino que aparece ataviado con túnica e manto, ropas atemporales, "de época", propias da iconografía dos apóstolos evanxelizadores. Os pés descalzos apoiados nos estribos redundan neste aspecto tan escasamente militar. Sen embargo, con tan hábil posta en escea, o pintor logra plasmar a idea da aparición, o miragre. O celestial soldado non se amosa como un membro máis da caballería española; a súa forza é moi superior, aínda que blande espada e protéxese con escudo ornado coa cruz da Orde de Santiago, o poder intercesor do apóstolo, aún nos trances mais difíciles, facilitará proverbialmente a victoria sobre calquera inimigo que ose enfrentarse á monarquía católica. Cunha carga ideolóxica tan notoria, non era extraño que, en determinados ambientes, seguise producíndose pintura e escultura coa representación deste apóstolo protector e combatiente. O feito de que sexan turcos os inimigos a bater, e que a escea se amose enmarcada por uhna suntuosa orla de flores -típico dun estilo moi extendido na época-, incide no emblemático e popular dunha pintura na que prima o sentido épico y espectacular, presentando a Santiago como o campeón dunha cristiandade que, nos finais do s. XVII, seguía necesitada de estímulos visuais.

Reverso: O modelo de escudo está de acordo co diseñado en 1537 para seren incluído nas Ordenanzas de Álava de Carlos I e tamén como o que se incúe no Quaderno de Ordenanzas da provinicia de Álava de 1671 realizado por Pío Villafranca que se inspira no anterior aínda con algunhas diferencias. A coroa e os adornos externos parecen confirmar a súa adscrición cronolóxica anterior ó de 1671.
Bibliografía La belleza de lo real: floreros y bodegones españoles en el Museo del Prado 1600-1800: [catálogo de exposición] Museo del Prado, del 21 de julio al 29 de octubre. Madrid: Museo del Prado, 1995.

Los cinco sentidos y el arte [catálogo de exposición]. Posada Kubissa, Teresa(coord). Madrid: Museo del Prado, 1997.

María Luisa de Orleáns, unha raíña efémera: [exposición] do 12 de novembro de 2003 ao 31 de xaneiro de 2004. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2003. p. 33.

PÉREZ SÁNCHEZ, Alfonso E.. Pintura Barroca en España (1600-1750). Madrid: Cátedra, 1996.

PÉREZ SÁNCHEZ, Alfonso E.. Pintura española de bodegones y floreros: de 1600 a Goya. Madrid: Ministerio de Cultura, 1983.

PESQUERA VAQUERO, María Isabel. Santiago na Batalla de Clavixo ; Escudo de Árava. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 142-145.

SCHNEIDER, Norbert. Naturaleza muerta. Colonia (Alemania): Taschen, 1999.

SINGUL, Francisco. Santiago na batalha de Clavijo. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. I, p.p. 252-253.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 01/06/1998
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |

Foto: Xenaro Martínez Castro

Foto: Xenaro Martínez Castro

Foto: Xenaro Martínez Castro

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6