Foto: Susana Arteaga Serna

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-892
Clasificación Genérica Pintura
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Antolínez y Sarabia, Francisco [Pintor sevillano nado en Sevilla en 1644 e morto en Madrid en 1700. A súa especialidade serían as esceas relixiosas incorporadas en paisaxes. Unha obra semellante do mesmo pintor consérvase no Museo do Prado.]
Título Fuxida a Exipto
Materia/Soporte Pintura ao óleo [Elemento sustentado]
Lenzo [Soporte]
Técnica Óleo sobre lenzo
Dimensiones Alto máx = 100 cm; Profundidade = 4 cm; Ancho máx = 128 cm
Descripción Sobre un fondo paisaxístico de carácter tebroso represéntase, nun primeiro plano, á Sagrada Familia nun momento da súa fuxida a Exipto. A Virxe María, montada sobre un asno, aparece estendendo a súa man dereita cara un anxo que lle ofrece unha cesta con uvas, mentres que levanta a mirada cara o grupo de pequenos anxos que, voando sobre eles con palmas nas mans, se destaca luminicamente sobre a frondosa follaxe. Preséntase ataviada cunha túnica rosa e manto azul e portando ao Neno Xesús, tamén fortemente iluminado, no seu colo. Á súa esquerda sitúase san Xosé, con túnica e manto de cores castaños e sombreiro de aba frontal volta, apoiando sobre o seu lombo unha vara ou caxato e suxeitando coa súa man dereita as rendas do animal. A continuación, dous anxos espallan rosas polo chan dende outro cesto que suxeita un deles, marcando o camiño en dirección a unha ponte que deberá atravesar a comitiva.
Compositivamente, o cadro resólvese mediante unha diagonal que divide en dúas zonas a superficie pictórica contrastando a escura, frondosa e axitada vexetación sobre a que se dispoñen e resaltan as figuras coa metade dereita do cadro onde se representa, xerando profundidade, un amplo ceo de solpor velado por abundantes nubes que se funden coas escarpadas cumes que se intúen ao fondo. Tamén parece distinguirse nesta parte, xerando profundidade, a presenza dunha edificación que tal vez puidera corresponder a un templo.
A paleta cromática empregada é sumamente sobria, con predominio absoluto das tonalidades terrosas e escuras sobre as que se aplican estratexicamente pinceladas mais claras para crear intensos efectos lumínicos e suaves matices en rosa e azul na vestimenta da Virxe. Precisamente, eses efectistas golpes de luz e sombra veñen a confrontar a visión dunha natureza grandiosa e solemne, por un lado, e a imaxe dunha humanidade fráxil e indefensa que transita por ela pola outra.
Iconografia Centro esquerda da pintura: Fuxida a Exipto
Datación 1644-1700
Contexto Cultural/Estilo Barroco [Barroco. Estilo Tenebrista]
Lugar de Producción/Ceca Sevilla (m) (Vega del Guadalquivir (comarca), Sevilla) [Dudoso.]
Madrid (m) (Area Metropolitana de Madrid (comarca), Madrid <(provincia)>) [Dudoso.]
Uso/función Devocional.
Descriptores Geográficos Sevilla (m)
Clasificación Razonada Este tema bíblico aparece no Novo Testamento como consecuencia da Matanza dos Santos Inocentes pero, sen embargo, afunde as súas raíces na fuxida de Exipto do pobo de Israel. É considerada, tradicionalmente, como a primeira peregrinación do mundo cristián e conta con tres figuras esenciais: o Neno, a Virxe e san Xosé conducindo a mula. Ás veces aparecen un ou varios anxos, como neste caso, encargados de facer máis segura e amena a viaxe, pero tamén poden incorporarse personaxes como Santiago (como curmán de Xesús) ou Salomé, e mesmo elementos paisaxísticos como a palmeira ou o campo de trigo en alusión a certos milagres que se deron a coñecer no entorno apócrifo deste episodio relixioso.
Dende o Evanxeo de san Mateo (2, 13-15) e nos relatos apócrifos, a marcha prodúcese pola noite ("profugit in tenebris") e Exipto era, pola súa parte, o destino que dende tempos inmemoriais servía de refuxio habitual dos xudeus. Lembrando, deste xeito, os desterros de Abraham, Xosé e Moisés, prefigúranse así as longas e penosas peregrinacións feitas por profetas e apóstolos. Constitúen, de igual modo, unha metáfora da vida do home como viaxe na que salientan os valores do sacrificio e a paciencia ante as numerosas e tortuosas vicisitudes.
Non obstante, esta pintura supón, como é habitual na produción de Francisco Antolínez, un claro pretexto para converter unha escena de aparente carácter relixioso nunha amable visión da realidade, decorativa e bucólica. E é que resulta evidente a transformación desta escena bíblica nunha narración pintoresca onde o paisaxe se converte en protagonista da composición para describir tan só na metade inferior o tránsito duns personaxes que máis que santas figuras do Evanxeo, parecen os integrantes dunha familia de campesiños que se trasladan en medio dunha axitada natureza.
Outro aspecto salientable, común a outras obras do artista, é a especial indagación nos efectos lumínicos, desenvolvidos cunha factura rápida e axitada, así como o uso de interesantes elementos simbólicos como os atributos que portan, neste caso, os anxos. En efecto, as palmas e as uvas que portan algúns deles fan referencia ao sufrimento, ao martirio e a Paixón. As rosas, pola súa parte, relaciónanse coa Virxe posto que, segundo unha antiga tradición, antes da caída do home estas non tiñan espiñas e mesmo a María se lle chamou "Rosa sen espiñas". Coa inclusión deste símbolo estase facendo alusión, pois, ao amor, ao martirio e á pureza, se ben tamén é un atributo dos propios anxos e das almas benditas do Paraíso.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 26/12/2007
Catalogación Domínguez Pallas, Desirée
| más imágenes |

Foto: Susana Arteaga Serna

Foto: Susana Arteaga Serna

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6