Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1276
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado De culto
Autor/a Anónimo
Título Menoloxio anual
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira Marrón
Elementos sustentados: Témpera [Cores: verde, branco, vermello, azul, roxo e ocre]
Ouro Dourado
Preparación
Técnica Pintura a man alzada
Dourado
Pintura á témpera
Dimensiones Icona: Profundidade = 3,20 cm; Altura = 52,80 cm; Anchura = 43,80 cm
Descripción Icona rectangular cun marco pintado en cor verde cun filete branco e vermello por fóra, e só vermello por dentro.
A composición estructúrase seguindo o seguinte esquema: unha escena central bordeada por unha orla pintada en vermello, e ao redor 12 grupos de persoas e escenas separadas unhas das outras por una cuadrícula de bandas douradas. Na escena central pódense ver varias cousas. Na parte superior aparece Xesús saíndo do sartego. Abaixo á dereita, un anxo, e á esquerda dous homes dentro dunha cova. Máis á esquerda aparece un santo apoiado sobre un sartego dentro dunha cova. Rodeando a Xesús hai anxos e santos e na parte superior dereita tres santos, un deles medio espido, que están coma nunha muralla que ten lume enriba dela. Seguindo a muralla, hai unha torre que ten un querubín vermello na parte superior e dentro un home vestido só cun pano de pureza curto, rodeado dunhas rosas vermellas. Este home fala cun anxo. Deste anxo parte unha comitiva de santos que enlazan a parte superior da escena coa parte inferior, onde se ve a Xesús en pé sobre os restos do sartego. Xesús está con mandorla ao redor e dálle a man ao santo vestido de verde que está á esquerda, dentro dun cadaleito. Á dereita, tres mulleres, unha delas dentro dun cadaleito e cun pano na man (a que está detrás leva un libro). Sobre o marco verde hai unha serie de inscricións a man alazada.
Iconografia Icona: Resurrección de Cristo; Menoloxio
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, sobre o marco, Pintado a man alzada
(1800[ca]-1899[ca])
Datación 1800-1899 (S. XIX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Europa Central e Oriental (Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Europa Central e Oriental
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Iconas rusas. Presentación dunha colección; programa de exposición temporais sede San Miguel, (do 16 de xuño de 2014 ao 30 de novembro de 2014). A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións.
Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións esta icona é de iconostasio (141x107,6 cm). Estas iconas están destinadas a formaren parte do iconostasio que separa, nas igrexas ortodoxas, a parte pública daquel espazo accesible unicamente ao celebrante. Reproducen santos de gran devoción, santos patróns da zona así como as festas do calendario litúrxico ortodoxo.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6