Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1023
Clasificación Genérica Estampación; Obxectos de Arte
Objeto/Documento Gravado
Autor/a Seghers, Gerardus (Lugar de nacimiento: Amberes (Antwuerp), 1591 - Fecha de defunción: 1651)
Título S. Petrus
Conjunto Apostolado de Seghers
Materia/Soporte Gravado: Tinta de impresión Negro
Soporte: Papel de impresión Branco
Técnica Calcografía
Dimensiones Altura = 12,50 cm2; Anchura = 9 cm
Descripción Sobre un fondo arquitectónico bastante neutro represéntase, de medio corpo, a figura do apóstolo Pedro. Vestido con túnica e manto que recolle por diante coa man dereita, sostén coa esquerda dun par de chaves, atributo da súa persoa. Cabeza rodiada cun halo presenta un bo tratamento das faccións que ofrecen un aspecto de serenidade. Ao pé, no centro o texto S. PETRVS. Nos ángulos referencias das autorías.
Iconografia San Pedro
Inscripciones/Leyendas Parte baixa no centro
S. PETRVS
Ángulo inferior esquerdo
Gerardus Segers pinxit
ángulo infereior dereito
Martinus vanden Enden excud.
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Producción/Ceca Amberes (Antwuerp) (Amberes (provincia), Flandes)
Uso/función Devocional
Fechas Referencia 1630-1650
Clasificación Razonada Forma parte dun conxunto de 13 gravados representando cada un deles a: 1/ Salvator Mundi. 2/ S. Petrus. 3 /S. Paulus. 4/ S. Iacobus Maior. 5/ S. Ioannes. 6/ S. Philippus. 7/ S. Bartholomaeus. 8/ S. Mattaeus. 9/ S. Thomas. 10/ S. Matthias. 11/ S. Thadaeus. 12/ S. Iacobus Minor. 13/ S. Simon.

Aínda que case todas as láminas aparecen moi recortadas no seu bordo inferior, á altura das inscrición onde constan os créditos (nome do debuxante ou pintor e do gravador), albíscase en case todas elas trazos de presentaren os mesmos textos. É por isto, xuntamente co estilo e técnica empregados, é polo que se pode facilmente deducir a pertenza das trece ilustracións á mesma serie. As trece láminas presentan así mesmo no centro do bordo inferior e en letra capital, o nome do apóstolo representado na imaxe. A serie inclúe ao Salvador como "SALVATOR MUNDI".

Atendendo á autoría, esta débese a Gerardus Seghers, tal e como pode verse nas láminas de S. Iacobus Maior, S. Tadeus e S. Petrus; nesta última mesmo pódese ver que habería unha segunda liña debaixo desta primeira parte da inscrición, pero que é imposible poder ler.

Gerardus Seghers (Anveres 1591 - Mare, 1651), é un pintor flamengo da época barroca; considerado como un dos máis importantes "caravaggistas", facéndose seguidor deste pintor italiano despois da súa viaxe a Italia en 1613. A súa pintura reflicte dende entón a utilización dunha forte iluminación dramática producindo intensos contrastes pictóricos. Desta época é a súa obra "Judith coa cabeza de Holofernes" (Galleria Nazionale de Artes Antica de Roma). Viaxa a España e traballa para Filipe III e despois volve traballar aAnveres. De volta a esa cidade desenvolve dous estilos diferentes, nun primeiro momento reflicte a nomeada influencia de Caravaggio para posteriormente evolucionar cara a un estilo máis moderado no que predomina unha utilización máis homoxénea da luz, a composición en escenarios esquecendo o emprego dos anteriores fondos neutros e realizando un trazado máis realista dos rostros. A esta segunda etapa pertencería esta serie do apostolado. Martin Van der Enden I (1606-1654) é un dos máis salientables editores europeos deste século. Traballa en Anveres e edita obras de importantes gravadores e pintores da época. Está activo entre 1630 e 1654.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 14/04/2010
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6