Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 3899
Clasificación Genérica 16.CALOR DOMÉSTICA; 16.ACCESORIOS E ÚTILES DOMÉSTICOS
Objeto/Documento braseiro
Materia/Soporte metal
Dimensiones Alto = 9 cm; Ancho = 21 cm; Profundidade = 15 cm
Descripción Caixa de metal, escura. De forma cadrada pero coas esquinas redondeadas. Ao redor da caixa ten unha serie de buracos en forma circular (4 na parte dianteira e traseira, e dous nas partes laterais). Na tapa ten unha serie de ocos en forma de estrelas de 4 puntas distribuidos en tres franxas (unha de catro, unha de tres e outra de catro, separándoas uns cilindros de madeira). O broche que une ambas partes está pegado.
Ten unha asa (unha especie de arame) que vai dun lado ao outro dos laterais
Uso/función Utilizada como fonte de calor.
Lugar Específico/Yacimiento Ribadavia
Historia del Objeto O Bazar Che, situado no centro de Ribadavia, foi unha das tendas tradicionais máis populares desta vila durante varias décadas do século pasado; este tipo de comercios eran en realidade pequenos mercados nos que se podía adquirir unha ampla variedade de produtos que cubrían as necesidades básicas dos cidadáns no referente a artigos de uso doméstico; este bazar estivo aberto ao público durante practicamente todo o século XX e pechou definitivamente as súas portas no ano 2012.
O conxunto de obxectos que conforman esta doazón é representativo dos artigos cos que comerciaban estes establecementos, e estes en concreto formaban parte do stock de mercadoría sen vender no momento do peche. Son obxectos de gran variedade pero neste amplo lote podemos destacar varios pequenos grupos: o relacionado co mundo do viño (billas para barrís, cuncas para o viño, etc.), os utensilios de enxoval doméstico (batedor, cullerón, vasos, copas, etc.), os obxectos decorativos (placas, figuras, cinceiros) ou os xoguetes (buxainas, kits) e os libros.
Este lote foi recollido in situ polo persoal técnico do museo e trasladado ata a sede do Etnolóxico.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 19/05/2013
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6