Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-493
|
Clasificación Genérica |
Cerámica
|
Objeto/Documento |
Bote de farmacia
|
Nombre Específico |
Albarelo
|
Autor/a |
Taller de Talavera
|
Materia/Soporte |
Louza
|
Técnica |
Torneado Vidrado [en branco estannífero] Pintado [en azul cobalto]
|
Dimensiones |
Altura = 24,70 cm Base: Diámetro = 8,50 cm Boca: Diámetro = 10 cm
|
Descripción |
Bote de farmacia en forma de albarelo con pé destacado, panza subcilíndrica, colo con lixeiro estreitamento e boca con bordo exvasado. No centro da panza, pintado sobre o esmalte, aparece o escudo do Hospital Real de Santiago composto de dobre armelado circular, con cruz potenzada no centro, e no bordo superior remata con outra cruz igualmente potenzada. O motivo circular está cimado por un capelo con dous cordóns rematadas cadanseu en tres borlas.
|
Iconografia |
Escudo do Hospital Real de Santiago
|
Datación |
1700[ca]
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Moderna
|
Lugar de Producción/Ceca |
Talavera de la Reina (Talavera (comarca), Toledo) [Talavera ou Puente del Arzobispo. A probabilidade maior é de que fose un producto de Talavera, posto que nos libros de contas do Hospital Real a maior parte das compras de botámenes foron feitas a Talavera que tiña sempre unha producción máis forte que Pu]
|
Uso/función |
Para almacenar herbas e produtos faracéuticos sólidos.
|
Descriptores Geográficos |
Talavera de la Reina
|
Lugar de Procedencia |
Santiago de Compostela
|
Lugar Específico/Yacimiento |
Hospital Real
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIONS>: -Luces de peregrinación. Museo Arqueolóxico Nacional, Madrid, do 23 de decembro de 2003 ao 14 de marzo de 2004. - Luces de peregrinación. Mosteiro de San Martiño Pinario. Santiago de Compostela, do 7 abril ao 23 maio 2004.
|
Clasificación Razonada |
Dende moi antigo utilizábanse diferentes tipos de botes non fooi o seu uso exclusivo dos boticarios senon tamén dos ciruxanos, especieros ou barbeiros. O nome de albarelo, non aceptado nas linguas castelá nin galega, é un termo italiano procedente do iraní al-baraní , vaso de drogas. Os botes de farmacai están esmaltados en branco no seu interior para evita-la evaporación do seu contido. Neles gardábanse preparados semisólidos como bálsamos, ungüentos ou electuarios. Os botes destas épocas pechábanse con peles curtidas, lenzos de liño ou cáñamo ou con papel pergameo.
A actividade do Hospital Real de Santiago de Compostela, fundado en 1499, parece centralizar a actividade asistencial da cidade, probada documentalmente desde o século XI. En 1511 sábese que toma posesión o primeiro boticario do Hospital Real, Gaspar de Briviesca, ocupando un posto de gran importancia dentro da organización da institución real, razón pola que se recolle nas súas constitucións o feito de que debe tratarse de "cristián limpo, experto e persoa de conciencia",tal e como se recolle nas constitucións de Carlos V de 1524.
Rafael Sisto indica que pezas deste tipo figuraban no inventario realizado o 14 de xuño de 1700. A mediados do XVIII o Hospital mercaría louza aos alfares de Sevilla, diferenciándose dos anteriores pola orla vexetal que decora a parte superior.
|
Bibliografía |
CONDE ROA, Juan. Albarelo del antiguo Hospital Real. Santiago, Camino de Europa: culto y cultura en la peregrinación a Compostela, edición a cargo de Serafín Moralejo y Fernando López Alsina. Santiago de Compostela: Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, 1993. p. 306. SISTO EDREIRA, Rafael. Albarelo. Luces de Peregrinación: [exposición] Museo Arqueológico Nacional Madrid, 19 decembro 2003 - 14 marzo 2004. Museo Diocesano, Mosteiro de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela, 7 abril - 23 maio 2004, coordinada por Marcelina Calvo Domínguez, Carmo Iglesias Díaz y Juan Navarro. Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2003. pp. 294-295.
|
Forma de Ingreso |
Depósito por compra. Tenteo
|
Fecha de Ingreso |
03/04/2002
|
Catalogación |
Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
|