Foto: Xenaro Martínez Castro

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 301.A-B
Clasificación Genérica Técnicas e utensilios de impresión; Obxectos de actividades económicas
Objeto/Documento Selo
Nombre Específico Selo de pan
Materia/Soporte Madeira
Técnica Talla
Dimensiones Alto máx = 12 cm; Longo = 2,50 cm; Ancho máx = 5,20 cm
Descripción Selo en madeira (posiblemente de castiñeiro) representando a un peregrino. Cunha configuración subrectangular adaptada ao perfil da figura, ofrece excisa a figura dun/ha peregrino/a de perfil mirando a esquerda (na impresión miraría a dereita). Veste roupa talar deixando ver os pés, cubrindo os ombreiros cunha esclavina, curta por diante e máis longa polas costas, ribeteada no escote e na parte baixa e decorada con tres vieiras. Da cintura colga unha escarcela de tendencia trapezoidais cunha vieira. A cabeza presenta un tratamento esquemático marcándose o perfil do nariz, boca e queixo, e trazando de maneira pueril o ollo, a orella ou o cabelo reducido a unha secuencia de liñas paralelas que se fan máis longas para insinuar unha melena. Cubre a cabeza cun sombreiro de copa semiesférica e aba indefinida. Coa man dereita (tendo en conta a impresión) terma dun bordón de dobre pomo do que colga unha cabaza.
Iconografia Peregrino
Datación 1501=1800
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Producción/Ceca Andalucía (España, Europa do Sur)
Uso/función Para marcar o pan
Lugar de Procedencia Málaga (m)
Lugar Específico/Yacimiento Alcazaba
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: - Santiago de Compostela, 1000 ans de pélerinage européenne, Europalia 85. Gante, 1995. - Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007.
Clasificación Razonada Foi atopada na década dos 60 do século XX ao derrubar unha edificación datable, segundo Manuel Casamar, entre finais do século XVIII ou principios do XIX. O mesmo especialista considera que o selo se podería adscribir ao século XV ou XVI. Sen embargo, Serafín Moralejo opina que con seguridade non se lle pode atribuír unha cronoloxía anterior aos séculos XVII ou mesmo XVIII.
O marcado do pan deriva da necesidade de distinguir a orixe ou a propiedade deste alimento básico na cultura occidental. Con frecuencia os selos mostran imaxes pouco elaboradas a base de símbolos recoñecibles polos integrantes de distintos grupos sociais, sendo igualmente abundantes os que fan referencia ao pan como símbolo eucarístico. Distintos gremios ou confrarías utilizaban a imaxe do patrono como marca.
Bibliografía OTERO RAMOS, José Manuel. Selo de pão. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. II, p.p. 182 [83].

Santiago de Compostela: 1000 ans de Pèlerinage Européen: organisée dans le cadre d´ Europalia 85 España. Caucci Von Saucken, Paolo(A). Gante (Gent): Credit Communal, 1985. p. 321.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6