Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
325
|
Clasificación Genérica |
Obxectos de acondicionamento do edificio: seguridade; Metalistería
|
Objeto/Documento |
Aldraba
|
Autor/a |
Anónimo [Taller galego]
|
Materia/Soporte |
Ferro
|
Técnica |
Forxado Cicelado
|
Dimensiones |
Ancho máximo = 12,70 cm; Altura = 46,50 cm; Longo = 9,50 cm
|
Descripción |
Obxecto moble. Aldabón de ferro forxado.
A parte superior, onde se fixaba á porta, está lobulada e presenta cinco perforacións pasantes para os cravos. O chamador, que está suxeito á peza anterior mediante unha bisagra, toma a forma dunha serpe coa cabeza debuxada mediante incisións. O golpeador -baixo a cabeza- é octogonal.
|
Iconografia |
Serpe
|
Datación |
1551=1700
|
Uso/función |
Chamador de porta
|
Lugar de Procedencia |
Melide (l)
|
Lugar Específico/Yacimiento |
Antigo Hospital de Peregrinos de Melide
|
Clasificación Razonada |
Esta peza foi depositada no MDPS por Manuel Chamoso Lamas, quen lla mercou a un anticuario de Ourense segundo o cal pertencera ao antigo Hospital de Peregrinos de Melide. Ten similitudes con chamadores do século XVI, e de feito o modelo en forma de serpe ou outros animais foi moi popular entre os séculos XVI e XVII.
BIBLIOGRAFÍA:
Broz Rei, X. M.: Novas aportacións ó patrimonio de Melide: 3. O chamador da porta do Hospital de Peregrinos de Melide. Boletín do Centro de Estudos Melidenses. Museo da Terra de Melide, nº 26 / 2013, pp: 22-45.
|
Bibliografía |
BROZ REI, Xosé Manuel. Novas aportacións ó patrimonio da terra de Melide. Boletín do Centro de Estudios Melidenses, Museo da Terra de Melide, nº 26 (Nadal 2013). pp. 22-45.
|
Catalogación |
Pérez Outeiriño, Bieito
|