Descripción |
Repertorio decorativo de formas orientais mesturado con elementos clásicos, recubrindo totalmente á peza. A tapa presenta remate en forma de teas colgantes, figurando en ámbalas dúas caras un personaxe sentado, tocando un instrumento musical. O corpo do estoxo decórase con campaíñas e grilandas, búcaros, flores, etc., compoñendo os laterais unha ringleira de tema vexetal.
|