Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 659
Clasificación Genérica Acibechería; Obxectos de uso persoal: accesorios
Objeto/Documento Anel
Autor/a Taller compostelán
Materia/Soporte Acibeche
Técnica Talla
Pulido
Dimensiones Diámetro interior = 1,50 cm; Diámetro exterior = 2 cm
Descripción Anel ou sortella circular. Aro de sección plano-convexa cos cantos laterais aplanados con talla en forma de cartela en liso de 6´5x5 mm. cos lados menores curvados para adaptación ao marco imposto, presentando unha superficie pulida e brillante de tipo mesa. Trátase dunha tipoloxía moi habitual e que parece ter unha gran pervivencia no tempo.
Datación 1401=1700
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p)) [Lugar de Producción dudoso]
Uso/función Enfeite persoal. Nalgunhas ocasións sábese que foron utilizadas para tempos de loito polo súa cor negra, existindo mesmo algúns tipos que levaban en relevo «o retrato da morte».
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Azabachería, 29
Historia del Objeto Foi entregada ao doante por unha persoa que a atopou no decurso de traballos levados a cabo neste soar á marxe de calquera actividade arqueolóxica, no mesmo soar onde en 1987 efectuáronse traballos arqueolóxicos pola administración autonómica.
<EXPOSICIÓNS>: Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001 Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002.
Clasificación Razonada No que respecta á súa tipoloxía, xa nas Ordenanzas de 1443 aparecen as sortellas como un dos tipos de pezas producidas polos acibecheiros composteláns, sendo así mesmo moi frecuentes no século XVI. Tamén se recolle este tipo de enxoval persoal nos inventarios de acibecheiros e nos correspondentes a familias. Nos primeiros cóntanse ás veces por centos ou por grosas (ducia de ducias) agrupándose por tipos, atendendo ben á forma que presentan ben á maneira de execución: «de selo», «con remate», «redondas e esquinadas», «esbanadas», «de torno», «labradas», etc. Con certa frecuencia aparece na documentación antiga que non soamente se importaba a materia prima de Asturias senón que con ela viñan tamén pezas xa feitas para comercializar en Compostela, especialmente cítase este tipo de obra miúda.
En canto ao contexto, a peza foi entregada no Museo como procedente do soar nº 29 da rúa da Acibechería. Nesta finca urbana tamén se realizaron traballos arqueolóxicos nos anos 80 do século XX localizándose estruturas correspondentes á muralla do século X co seu foxo proporcionando un importante conxunto de material que se conserva no MDPS. Non obstante, esta peza non procede deses traballos sistemáticos, non podendo establecer con precisión o seu contexto estratigráfico.
Bibliografía PÉREZ OUTEIRIÑO, Bieito. Sortella. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 104-105.
Forma de Ingreso Asignación por doazón
Fecha de Ingreso 1996[ca]
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6