Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 658
Clasificación Genérica Servizos de mesa; Obxectos de equipamento doméstico: alimentación
Objeto/Documento Prato
Nombre Específico Prato fondo
Tipología/Estado Serie Vistas Reais
Autor/a Real Fábrica de Louza de Sargadelos
Materia/Soporte Soporte: Louza Branco [Louza fina de pedernal]
Decoración: Azul cobalto Azul [Orla e motivo cebtral estampado en azul cobalto ]
Cuberta: Vedrío Transparente [Vidrada]
Técnica Decoración: Estampado [Louza estampada con azul cobalto ]
Cuberta: Vidrado
Soporte: Moldeado
Dimensiones Longo = 4 cm; Diámetro = 23 cm
Descripción Prato fondo co bordo da ala angulada. Decoración estampada en cor azul. No fondo vista da cidade de Santiago desde o paseo da Ferradura da Alameda compostelá, coa fachada do Obradoiro, torres da catedral e todo o caserío que se interpón, destacando o Pazo de Raxoi e o Colexio de San Xerome. Ao pé "Santiago de Galicia" . No ala, dobre cenefa de motivos vexetais de talos ondulantes e entre elas motivo semellante ao esponxado. Orla isabelina con dobre riberete de roleos e cardos entre os que se desenvolve unha zona imbricada.
No reverso conserva marcas de fabricación.
Iconografia Paisaxe con arquitectura; Vistas urbanas
Firmas/Marcas/Etiquetas No fondo da cara interna debaixo do motivo central, Estampado, Caligráfico
Santiago de Galicia [Estampado en azul cobalto baixo cuberta]
No reverso do prato á esquerda, Impreso, Selo
[RE]AL FABRICA . [SA]RGADELOS con coroa real no centro [Marca de manufactura realizado na louza aínda fresca (dureza de coiro)]
No reverso do prato estampado á dereita, Estampado, Selo
REAL FABRICA/SARGADELOS [Marca de manufactura. Realizada en azul cobalto baixo cueberta (dureza de coiro)]
Datación 1845-1862 (Entre 1845 e 1862. Terceira Época da Real Fábrica de Loza de Sargadelos segundo o esquema cronolóxico máis estendido de Filgueira Valverde.)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea [Romanticismo]
Lugar de Producción/Ceca Sargadelos (Santiago) (Cervo (Mariña Occidental (A) (comarca)), Mariña Occidental (A) (comarca))
Uso/función Vaixela. Servizo de mesa
Descriptores Geográficos Sargadelos (Santiago)
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001 Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002.
Clasificación Razonada Posiblemente da terceira época (1845-1862) na que traballa na fábrica Edwin Forrester, técnico procedente de la manufactura de Staffordshire, unha das máis prestixiosas entón xunto con outros técnicos ingleses que se traen as planchas para estampar de Inglaterra. Iniciáse a producción de productos de unha pasta máis fina coa introducción de nova tecnoloxía. Motivos decorativos: son de clara influencia inglesa, a imitación das louzas de Davenport e Copeland, nas que predomina o azul denominado "Cantón", o azul ultramar e o azul cobalto. A composición decorativa adoita ser sempre a mesma, un motivo central e orlas nos bordos. Sen embargo, neste plato os motivos das orlas da á advirten a influencia de orlas escollidas da cerámica danesa. Nos fondos predominan as paisaxes centrais, fantásticas ou reais, dentro destás últimas destacan as series de "Vistas Reales" realizadas sobre distintas cidades españolas. Unha destas series dedicouse a "Santiago de Galicia". Historia da fábrica: Creouse en 1791 como fábrica de fundición e transformación de metais por D. Antonio Raimundo Ibáñez, Cabaleiro da Orde de Carlos III e director da Real Compañía marítima de Ribadeo. Dentro dos aires modernos da Ilustración e da modernización industrial. En 1804 transforma o seu primer fin e crea a fábrica de productos de louza para satisfacer a demanda da burguesía que importaba en grandes cantidades estes productos moi en boga nestes momentos. Aproveitando a abundancia na zona dos materiais necesarios para a fabricación de louza e porcelana, comezou a súa fabricación en 1806, imitando fundamentalmente a inglesa de Bristol da que se importaban a Galicia grandes cantidades. En só 27 meses a producción de louza da xa denominada Real Fábrica de De Loza de Sargadelos distínguese de entre as mellores de Europa. A producción de louza abarcaba tódolos usos: decorativo, utilitario, conmemorativo e relixioso. A mediados do s. XIX ofrecía 254 tipos diferentes. A producción na que interviñeron moitos técnicos ingleses, vendíase fundamentalmente por toda España e América.
Bibliografía FERNÁNDEZ ESPAÑA, María J.. Real Fábrica de Sargadelos: dibujos de colecciones. A Coruña: 1978.

FILGUEIRA VALVERDE, Xosé. Sargadelos. Sada (Coruña (A) (comarca)): Ediciós do Castro, 1978.

PESQUERA VAQUERO, María Isabel. Prato fondo. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 102-103.

SÁNCHEZ HERNÁNDEZ, María Leticia. Catálogo de porcelana y cerámica española del Patrimonio Nacional en los Palacios Reales. Madrid: Patrimonio Nacional, 1989.

SÁNCHEZ PACHECO, Trinidad. Vajillas del s. XIX. Vol. X; Summa Artis, XLII. Cerámica española. Madrid: Espasa-Calpe, 1999. pp. 461-482.
| más imágenes |
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6