Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 125
Clasificación Genérica Estampación; Obxectos de ritos, cultos e crenzas
Objeto/Documento Gravado
Autor/a Grabador e editor: Boudewyn Van der Aa, Pieter [(1700-1750)]
Título Procession des Pélerins á Compostelle
Materia/Soporte Papel
Técnica Gravado
Dimensiones Altura = 17 cm2; Anchura = 14,50 cm2
Descripción Estampa / Gravado.
Representa unha procesión do que parecen ser persoas pertencentes ó clero nunha grande praza onde se ve ó fondo unha igrexa de estilo gótico e tras ela unha dobre porta de muralla. Á esquerda da mesma igrexa unha fonte de tres tazas. É un gravado feito en orixe para o libro "Les Delices de l´ Espagne & Portugal ", escrito por Juan Álvarez de Colmenar, seguramente pseudónimo dun viaxeiro francés que se inspirou na "Description de l´Univers ", tomo IV, escrito polo soldado enxeñeiro francés, Alain Maneson Mallet durantae a guerra da independenza de Portugal e publicado en París en 1683. Entre os gravados que acompañaban esta obra e que figuraron en diversos relatos de viaxes da época, figuraba iste.
A imaxe é unha das excepcionais ilustracións nas que aparece unha procesión nunha imaxinaria praza de Compostela na que nembargantes, aparecen detalles paralelos. A catedral inspírase nun edificio gótico do estilo dos construídos nos Países Baixos. A grande praza recorda á do Obradoiro; a fonte rememora a desaparecida "Fons Mirabilis" do "Paraíso". A dobre porta ó fondo lembraría a Porta Faxeira. Aínda que a procesión titúlase de peregríns é unha do clero capitular e distintas ordes; o arcebispo vai nunha cadeira de man. Todos eles acompañando a imaxe ecuestre de Santiago. Seguramente recollería a celebración do día de Santiago, unha das conmemoracións litúrxicas máis importantes na cidade.
Iconografia Peregrino
Inscripciones/Leyendas Na parte inferior
Procession des Pélerins á Compostelle [Na parte inferior leva una lenda Procession des Pélerins á Compostelle en cartela rectangular.]
Datación 1707
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Uso/función Documental / Decorativo.
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: Santiago de Compostela, 1000 ans de pélerinage européenne, Europalia 85. Gante, 1995, Nº cat. 73. Páx. 354-355.
Bibliografía Santiago, camino de Europa: culto y cultura en la peregrinación a Compostela. Moralejo Álvarez, Serafín(coord); López Alsina, Fernando(coord). Santiago de Compostela: Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, 1993.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
Subir

© Ministerio de Cultura | v51.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con CER.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6