Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-476
|
Clasificación Genérica |
Documentos e publicacións; Documentos
|
Objeto/Documento |
Bula
|
Título |
Bula do papa Gregorio XIII pola que se lle concede indulxencia plenaria in articulo mortis ós enfermos, peregrinos e demais membros do Hospital do Rei de Burgos fundado por Afonso VIII.
|
Emisor/a |
Gregorio XIII (E)
|
Materia/Soporte |
Pergameo
|
Técnica |
Manuscrito
|
Dimensiones |
Altura = 40 cm; Anchura = 66 cm
|
Descripción |
Bula en pergameo manuscrita do papa Gregorio XIII pola que se concede indulxencia plenaria "in articulo mortis" aos enfermos, peregrinos e demais membros do Hospital do Rei de Burgos. Está escrita en latín e decorada cunha orla vexetal pola banda superior esquerda. Conserva o selo de chumbo pendente dun cordón entrelazado e rematado nunha borla.
|
Datación |
13/02/1574 (1574, febreiro, 13)
|
Contexto Cultural/Estilo |
Renacemento [Renacemento]
|
Lugar de Producción/Ceca |
Cidade do Vaticano (Estado da Cidade do Vaticano, Vaticano)
|
Uso/función |
Documento papal para o perdón dos pecados in articulo mortis dos que morreran no recinto do Hospital do Rei de Burgos.
|
Descriptores Onomásticos |
Gregorio XIII (D)
|
Descriptores Geográficos |
Burgos; Cidade do Vaticano
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIÓNS>: Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001. Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002. -O Hospital Real de Santiago de Compostela e a hospitalidade no Camiño de Santiago. Museo do Pobo Galego-San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela, do 13 de xullo ao 29 de agosto de 2004.
|
Clasificación Razonada |
O Hospital do Rei de Burgos constitúe unha das obras arquitectónicas máis importantes do Camiño de Santiago e o maior de todos os construídos na ruta xacobea. A súa fundación debeuse ao rei Afonso VIII aínda que se descoñece a data exacta, se ben esta bula sitúaa nun momento posterior á vitoria do monarca nas Navas de Tolosa, en 1212. No documento tamén figura de maneira explícita o Padroado Real sobre a institución. Esta estreita relación entre a Casa Real, o mosteiro das Huelgas e o hospital manterase cos sucesores Fernando III e Afonso X.
Desde a súa orixe, a administración monacal estaba en mans dun comendador, doce freires e oito freiras pertencentes á orde do Císter gozando dunha intensa actividade que levou a dotalo de señorío. Entre as súas función máis destacadas estaba a de ofrecer asistencia hospitalaria aos peregrinos que acudían a Compostela a visitar a tumba do Apóstolo, os cales podían permanecer nel ata tres días durante os que se lles daba a alimentación necesaria para a súa subsistencia. Outra das tarefas dos membros da comunidade era o coidado dos enfermos, para o cal se dispoñía de dúas enfermerías e dúas hospedarías para homes e mulleres.
No século XVI o centro asistencial estaba en pleno funcionamento contando, incluso, con confesores en todas as linguas para os peregrinos. Precisamente, esta bula vén a testemuñar a indulxencia plenaria que lles concedía in articulo mortis -ao igual que a comendadores, ministros, capeláns e aos habitantes do Compás-, isto é, a remisión total da pena temporal debida polos pecados, en caso de falecer no hospital.
|
Bibliografía |
JUSTO MARTÍN, María José. Bula do papa Gregorio XIII pola que concede indulxencia plenaria in aticulo mortis aos enfermos, peregrinos e demais membros do Hospital do Rei de Burgos fundado por Afonso VIII. O Hospital Real de Santiago de Compostela e a hospitalidade no camiño de peregrinación: [catálogo da exposición celebrada en] Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 14 xullo - 29 agosto, 2004, coordinada por Marcelina Calvo Domínguez. Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2004. pp. 214-215. JUSTO MARTÍN, María José. Bula do papa Gregorio XIII pola que concede indulxencia plenaria in aticulo mortis aos enfermos, peregrinos e demais membros do Hospital do Rei de Burgos fundado por Afonso VIII. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 274-277.
|
Forma de Ingreso |
Depósito por compra. Tenteo
|
Fecha de Ingreso |
11/07/2001
|
Catalogación |
Pesquera Vaquero, Mª Isabel
|