Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-936
|
Clasificación Genérica |
Contención
|
Objeto/Documento |
Cantimplora
|
Autor/a |
Real Fábrica de Louza de Alcora [Alcora? A posibilidade dunha manufactura alcoreña, aínda que proposta, é bastante improbable sobre todo pola expresión pictórica dos motivos decorativos. Podería ser quizais dalgunha outra manufactura levantina da mesma época.]
|
Materia/Soporte |
Louza Esmalte
|
Técnica |
Moldeado Esmaltado
|
Dimensiones |
Ancho máximo = 17 cm; Altura = 16,50 cm; Longo = 9 cm
|
Descripción |
Recipiente feito a molde en dúas partes con forma de cuncha que posteriormente se unen perimetralmente. Louza vidrada en branco brillante e decorada a man con protuberancias alternas semellando as costelas que dan forma a unha cuncha de vieira e expansións na parte superior a xeito das características orellas deste tipo de bivalvo. Os espazos intercostais decóranse con liñas amarelas con puntos verdes e liñas moradas horizontais alternan con pequenos puntos e motivos en morado. Presenta dúas perforacións no parte superior do recipiente, coincidindo coa expansión das orella, para introducir algún tipo de cordón e levar pendurando, obedecendo ao característico tipo de cantimplora ou "pilgrim flask", tan relacionado, dende sempre, coa figura do camiñante, do viaxeiro e do peregrino que lle dá o seu nome. Polos desportillados do borde podemos apreciar que a pasta ten certa tonalidade rosada. A cantimplora posúe no seu interior unha pedriña que tería como función a de manter fresca a auga do recipiente.
|
Iconografia |
Vieira
|
Datación |
1676=1725
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Moderna
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIONS>: - " Pilgrimage and faith: Buddhism, Christianity and Islam". Rubin Museum of Art. Nova York, do 1 de xullo ao 26 de outubro de 2011.
|
Clasificación Razonada |
A vieira converteuse no distintivo dos peregrinos a Santiago e símbolo da peregrinación xacobea. Os peregrinos a súa chegada á cidade de Santiago recibían unha vieira que levaban de volta á súa lugar de orixe, servindo de pasaporte ou salvoconduto e enterrándose mesmo con ela como é o caso da conservada neste museo, procedente dunha tumba habilitada no lugar que ocupa hoxe a nave lateral norte da Catedral compostelá, dispóndose sobre os restos dunha persoa identificada deste xeito como peregrino. Nesta peza únese a simboloxía da vieira e a da cantimplora como elemento case imprescindible na indumentaria do peregrino, aínda que case sempre en forma de cabaza. A auga ou as racións de viño sobrantes que ofrecían en algunha das institucións hospitalarias do Camiño de Santiago, era conservada e transportada polo peregrino nestes recipientes para poder satisfacer unha das necesidades primordiais dos camiñantes. Aínda que os recordos da peregrinación a Santiago foron variando e aumentando a súa diversidade co tempo, e que os máis abondosos foron os realizados en acibeche, tamén se facían noutros materiais menos custosos. Estes obxectos, que teñen como función lembrar a quen os posúe a súa peregrinación a Santiago, non se producían unicamente na cidade compostelá. Aínda que a fabricación local era o máis frecuente, recorríase con moita frecuencia a encargar producións exteriores como pode ser o caso das pezas de louza de Pickman ou os medallóns coa imaxe de Santiago Matamouros realizados en Filipinas ou Terra Santa.
A vieira debido a súa simboloxía foi empregada como motivo decorativo de diversas pezas dende as súas orixes ata os recordos (souvenirs) que se poden mercar nas tendas dos arredores da Catedral na actualidade. O museo conta con diversidade de pezas decoradas con vieiras como os azulexos sevillanos do século XVI ou o sagrario de Triacastela tamén do século XVI entre outros múltiples obxectos de diferente natureza que constitúen os fondos museográficos que custodia este centro.
|
Forma de Ingreso |
Depósito por compra. Directa
|
Fecha de Ingreso |
24/11/2008
|