Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
593
|
Clasificación Genérica |
Pintura; Artes plásticas
|
Objeto/Documento |
Cadro
|
Autor/a |
Sobrino Buhigas, Carlos (Lugar de nacimiento: Pontevedra (p), 1885 - Lugar de defunción: Vigo (m), 04/12/1978)
|
Título |
Castillo y villa de Monterrey. Puerta del Hospital de Peregrinos
|
Materia/Soporte |
Papel
|
Técnica |
Acuarela
|
Dimensiones |
Táboa: Altura = 58 cm; Anchura = 45 cm
|
Descripción |
Vista da portada en ruinas do antigo Hospital de Peregrinos existente no conxunto do Castelo de Monterrei. O autor presenta un anaco do caserío da fortaleza ourensá que permite mostrar o estado ruinoso no que se conservaba o antigo hospital coa interesante fachada gótica, pero aproveita para ensinar igualmente, na parte alta, a impoñente fábrica da igrexa de Santa María de Graza, a Torre do Homenaxe e a Torre das Damas que, xuntamente co pazo que non se apreza, constituirían a parte máis monumental da acrópole deste enclave estratéxico polo que, ademais, descorre o treito da denominada Vía da Prata, como camiño de peregrinación a Santiago de Compostela.
Asinado no ángulo inferior esquerdo.
|
Iconografia |
Paisaxe con arquitectura
|
Firmas/Marcas/Etiquetas |
Na parte inferior esquerda C. SOBRINO
|
Datación |
1926
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea
|
Lugar de Producción/Ceca |
Pontevedra (m) (Pontevedra (comarca), Pontevedra (p))
|
Uso/función |
Decorativo.
|
Descriptores Geográficos |
Monterrei (l)
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIONS>: Exposición antológica de Carlos Sobrino (itinerante), Centro Socail de Caixanova, Pontevedra, do 30 de outubro ao 30 de novembro de 2008. Centro Cultural Caixanova. García Barbón, Vigo, do 11 de decembro de 2008 ao 15 de xaneiro de 2009.
|
Clasificación Razonada |
O antigo Hospital de Peregrinos sito no Castelo de Monterrei foi mandado construír na última década do século XIV polo abade Vasco Pérez. Salienta a súa fachada gótica cun tímpano no que Cristo Triunfante se rodea do Tetramorfos. Este establecemento tería grande interese na atención aos peregrinos xacobeos procedentes do sur da península pola denominada Vía Mozárabe ou Vía da Prata (segundo denominación máis recente). Na actualidade, e unha vez rehabilitado, fai a función de albergue de peregrinos.
Resulta de interese para coñecer a obra do autor: C. Sobrino: 1885-1978: [exposición], do 30 de outubro ao 30 de novembro de 2008, Centro Social Caixanova, Pontevedra. Vigo: Fundación Caixanova, 2008. p. 57.
|
Catalogación |
Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
|