Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
269
|
Clasificación Genérica |
Escultura; Obxectos devocionais; Artes plásticas
|
Objeto/Documento |
Escultura
|
Autor/a |
Anónimo
|
Título |
Santiago peregrino
|
Materia/Soporte |
Madeira
|
Técnica |
Talla Policromado
|
Dimensiones |
Profundidade = 25 cm; Alto máx = 79 cm; Ancho máx = 29 cm
|
Descripción |
Escultura representando ao apóstolo Santiago o Maior con atributos de peregrino. Sobre unha peaña de base rectangular aparece estante a figura do Apóstolo vestido con roupa talar de cor cincento que se axusta cun cinto con lazada e se decora con elementos fitomorfos en ouro, cor que tamén decora o rodo, o cinto, o escote e os puños das mangas desta prenda. Sobre ela unha esclavina en negro con ribeteado dourado e decorada con dúas vieiras sobre bordonciños cruzados pola parte do peito e outras dúas na traseira, todas elas tamén en dourado. Colgado en bandoleira dunha correa pola súa dereita, a xeito de escarcela, porta unha caixa de tapa de configuración paralelepipédica. Os pés aparecen calzados con botas de cor negra, a xogo tamén coa cor do sombreiro de aba ancha que se ribetea en dourado e luce outra vieira sobre bordonciños cruzados igualmente en dourado O cabelo, bastante curto, e a barba teñen un tratamento naturalista aínda que dentro dunha marcada simetría que contribúe a proporcionar á faciana unha expresión de serenidade. A man dereita en alto terma dun longo bordón rematado en pomo e del colga unha cabaza, todo iso tamén en dourado, mentres que coa man esquerda terma do libro con pastas vermellas que suxeita, pechado, contra o corpo. A parte traseira ten o mesmo tratamento que o resta da escultura.
|
Iconografia |
Santiago Peregrino; Vieira; Bordón; Bordóns cruzados; Cabaza
|
Datación |
1801=1900
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea
|
Lugar de Producción/Ceca |
España (Europa do Sur, Europa)
|
Uso/función |
Devocional
|
Lugar de Procedencia |
Ciudad-Rodrigo
|
Clasificación Razonada |
Este tipo iconográfico conta cunha gran aceptación en Galicia e difúndese fóra das súas fronteiras. Recollendo experiencias anteriores, parece formalizarse na escultura en granito que realizaría Pedro del Campo en 1694 para a Porta Santa da basílica compostelá e que serviría de prototipo a moitos escultores e simples artesáns da cidade e tamén de fóra dela.
|
Catalogación |
Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
|