Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-564
Clasificación Genérica Obxectos de Arte
Objeto/Documento Debuxo
Autor/a Vázquez Díaz, Francisco (Lugar de nacimiento: Santiago de Compostela, 07/09/1898 - Lugar de defunción: Puerto Rico, 21/02/1988) (Compostela) [Alcume: Compostela. Santiago de Compostela , 7 de setembro de 1898-Puerto Rico, 21 de febreiro de 1988). É un artista coñecido sobre todo pola súa faceta de escultor, predomiñando nel a construcción en madeira representando animais (pingüinos, pelícanos..]
Título Cursillistas
Conjunto Debuxos de Francisco Vázquez Díaz sobre a cidade de Santiago de Compostela
Materia/Soporte Papel
Técnica Plumilla
Coloreado a lápis
Dimensiones Longo = 21,80 cm; Altura = 16,30 cm
Descripción Un grupo de cursillistas diante da porta do Colexio de San Xerome na Praza do Obradoiro, que albergaba a Escola Normal. No centro unha persoa que semella ser un profesor emblemático de Santiago, encorbado, con anteollos e vestindo cunha especie de bata azul, explica ao grupo que escoita con atención, composto por persoas de mediana idade e probablemente pola vestimenta pertencentes a unha clase social media-alta. Salientar a aparición dun coxo e dunha monxa. Á esquerda aparece un policía mantendo unha conversa cun home. A escena parece representar unha lección de arte diante da Catedral.
O debuxo responde a esa idea de Santiago de Compostela como cidade de congresos, non obstante, neste caso concreto, como indica J.M.López Vázquez, tal vez recolla aos famosos asistentes do 36, e o debuxante estea incidindo nun dos temas cruciais do momento relacionado coa reforma da Ensinanza.
Iconografia Escena de xénero
Inscripciones/Leyendas Ángulo superior dereito
Cursillistas / Compostela 1936 [No ángulo superior dereito: Cursillistas / Compostela 1936 ]
Datación 1936 (´1936´ (datado no ángulo superior dereito xunto ó título))
1901=2000 (Século XX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Documental. Cara a amosar e deixar constancia duns feitos ocorridos nos anos dos d ebuxos, 1935-1936. Artístico. Foron feitos co fin de reflectir o ambiente da cidade de Santiago entre os anos 1935-1936 con escenas e actos característicos da cidade e acontecementos salientables deses anos.
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: 1935-1936. Compostela. Berros, oficios, servicios, cerimonias e sucedidos. Museo das Peregrinacións, Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2002 ó 9 de febreiro de 2003.
Clasificación Razonada A colección dos 26 debuxos de pequeno formato coa súa carpeta (Inventaro D-563 a D-589) que Francisco Vázquez Díaz realizou entre 1935 e 1936 recolle escenas, tradicións, personaxes e ambientes típicos da cidade neses anos e supón un documento de interese para o coñecemento dunha parte importante da memoria recente de Compostela. Realizados a plumilla, e coloreados a lapis, con rasgos a veces caricaturescos, reproduce o artista aspectos da sociedade reinante naqueles momentos na cidade, dende os seus representantes, incluso por veces identificables, ata os anónimos paseantes que contribuían a outurgar a imaxe cotiá das rúas e prazas. En todos eles figura algún pequeno texto alusivo ao tema ou escena representada así como a palabra "Compostela" precedendo á data e que se podería interpretar tanto pola sinatura como pola indicación do lugar. Como se indicou, todos eles comprenden un periodo que vai entre 1935 e 1936, figurando en varios mesmo o propio día no que foi realizado.
Bibliografía 1935-1936. Compostela. Berros, oficios, servicios, cerimonias e sucedidos: [exposición] Museo das Peregrinacións, Santiago de Compostela. Pérez Outeiriño, Bieito(coord). Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 2002.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 20/11/2002
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6