Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
FD/D-13619
|
Clasificación Genérica |
Documentos
|
Objeto/Documento |
Debuxo
|
Autor/a |
Seco Humbrías, Rafael (Lugar de nacimiento: Madrid, 1925 - Lugar de defunción: Madrid, 2010)
|
Título |
"Encuentro en la puerta de la catedral"
|
Materia/Soporte |
Cartón
|
Técnica |
Debuxo Lapis sobre papel Rotulador sobre papel [Dubidosa.] Acuarela [Dubidosa.] Gouache [Dubidosa.]
|
Dimensiones |
Altura = 33 cm; Anchura = 19,60 cm
|
Descripción |
Representación de dous homes con indumentaria de peregrino dándose a man diante da portada principal da fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago. Teñen barba e levan un sombreiro de abas largas con vieira, bordón con cabaza e, o da nosa esquerda, tamén zurrón.
O fondo é máis claro e xoga con dous tons de marrón tendentes ao vermello. Pese ao abundante uso da cor, as formas delinéanse con claridade en tinta negra. As formas redondeadas e un tanto toscas dos peregrinos, con grandes mans, conforman un estilo con certo aire caricaturesco.
|
Iconografia |
Peregrino; Indumentaria de Peregrino; Cabaza; Escarcela; Catedral de Santiago de Compostela; Sombreiro; Peregrinación; Símbolos xacobeos; Vieira; Bordón
|
Inscripciones/Leyendas |
Marxe inferior., Castelán "ENCUENTRO EN LA PUERTA DE LA CATEDRAL"/ GRABADO AL AGUAFUERTE/ E/1:2 [Manuscrito con rotulador negro. [?]]
|
Datación |
1925-2010
|
Contexto Cultural/Estilo |
Arte figurativo
|
Descriptores Geográficos |
Santiago de Compostela
|
Clasificación Razonada |
Trátase dun debuxo do deseñador, pintor, gravador e escultor Rafael Seco Humbrías (Madrid, 1925-2010), que traballou para a Real Casa da Moeda e Timbre e desenvolveu parte da súa actividade en Puerto Rico. Como deseñador da Fábrica da Moneda, Seco realizou numerosos selos e medallas, pero é na súa obra de maior formato, coma a que nos ocupa, onde mellor se aprecia a expresión de sentimentos que é o principal interese do artista e determina a súa preferencia pola arte figurativa. O estilo de trazo rápido, formas redondeadas, e figuras rudas con ollos, narices e mans grandes tamén é típico deste autor. É posible que os peregrinos representados sexan o artista e o doante desta peza ao Museo, Francisco Conde Prado.
|
Forma de Ingreso |
Depósito por doazón
|
Fecha de Ingreso |
14/07/2020
|