Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario FD/D-13619
Clasificación Genérica Documentos
Objeto/Documento Debuxo
Autor/a Seco Humbrías, Rafael (Lugar de nacimiento: Madrid, 1925 - Lugar de defunción: Madrid, 2010)
Título Encuentro en la puerta de la catedral
Materia/Soporte Cartón
Técnica Debuxo
Lapis sobre papel
Rotulador sobre papel [Dubidosa.]
Acuarela [Dubidosa.]
Gouache [Dubidosa.]
Dimensiones Altura = 33 cm; Anchura = 19,60 cm
Descripción Representación de dous homes con indumentaria de peregrino dándose a man diante da portada principal da fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago. Teñen barba e levan un sombreiro de abas largas con vieira, bordón con cabaza e, o da nosa esquerda, tamén zurrón.
O fondo é máis claro e xoga con dous tons de marrón tendentes ao vermello. Pese ao abundante uso da cor, as formas delinéanse con claridade en tinta negra. As formas redondeadas e un tanto toscas dos peregrinos, con grandes mans, conforman un estilo con certo aire caricaturesco.
Iconografia Peregrino; Indumentaria de Peregrino; Cabaza; Escarcela; Catedral de Santiago de Compostela; Sombreiro; Peregrinación; Símbolos xacobeos; Vieira; Bordón
Inscripciones/Leyendas Marxe inferior., Castelán
ENCUENTRO EN LA PUERTA DE LA CATEDRAL/ GRABADO AL AGUAFUERTE/ E/1:2 [Manuscrito con rotulador negro. [?]]
Datación 1925-2010
Contexto Cultural/Estilo Arte figurativo
Descriptores Geográficos Santiago de Compostela
Clasificación Razonada Trátase dun debuxo do deseñador, pintor, gravador e escultor Rafael Seco Humbrías (Madrid, 1925-2010), que traballou para a Real Casa da Moeda e Timbre e desenvolveu parte da súa actividade en Puerto Rico. Como deseñador da Fábrica da Moneda, Seco realizou numerosos selos e medallas, pero é na súa obra de maior formato, coma a que nos ocupa, onde mellor se aprecia a expresión de sentimentos que é o principal interese do artista e determina a súa preferencia pola arte figurativa. O estilo de trazo rápido, formas redondeadas, e figuras rudas con ollos, narices e mans grandes tamén é típico deste autor. É posible que os peregrinos representados sexan o artista e o doante desta peza ao Museo, Francisco Conde Prado.
Forma de Ingreso Depósito por doazón
Fecha de Ingreso 14/07/2020
Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6