Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
646
|
Clasificación Genérica |
Modelos e reproducións
|
Objeto/Documento |
Escultura
|
Autor/a |
Sanmartín Abelleira, Alfonso (Fecha de nacimiento: 31/05/1924 - Fecha de defunción: 01/03/1998) [?]
|
Materia/Soporte |
Escaiola
|
Técnica |
Baleirado
|
Dimensiones |
Alto máx = 240 cm; Profundidade = 54 cm; Ancho máx = 87 cm
|
Descripción |
Baleirado en escaiola da escultura xacente que serve de cubrición á correspondente xaciga mortuoria e que representa a un monarca con túnica e manto provistos de ricas orlas decorativas. A cabeza, volta cara o espectador e provista de coroa real de pedrería, mostra un traballo delicado con faccións que traslucen unha serea placidez que máis semella a tranquilidade dun feliz sono que a impertérrita impasividade da morte. La posición da man dereita en actitude de recoller o manto e achegalo sobre a almofada cara a cabeza parece afastarse dese carácter funerario. A man esquerda, provista dunha sortella, repousa sobre o ventre. Nos pés loce esporas. Una dimensión superior ao natural incrementa máis aínda a monumentalidade do sepulcro. Serán precisamente a actitude de durminte, a posición volta cara o espectador e a man co manto preto da cabeza, así como o formato monumental as características que definan a orixinal fórmula iconográfica da serie compostelá de enterramentos reais, tal e como sinala Serafín Moralejo.
Hai certa incerteza á hora da atribución dos sepulcros. O que representa este baleirado veuse identificando tradicionalmente con Fernando II (1137-1188), rei de Galicia e León, chegando a considerarse obra incluso do propio Mestre Mateo. Serafín Moralejo, con argumentos estilísticos apoia a posibilidade de que se trate en realidade de Afonso IX (1171-1230).
|
Iconografia |
Sepulcro
|
Datación |
1901=2000 1901=2000 (Século XX)
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea
|
Lugar de Producción/Ceca |
Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p)) [Lugar de Producción dudoso]
|
Uso/función |
Funerario / Conmemorativo.
|
Lugar de Procedencia |
Santiago de Compostela
|
Historia del Objeto |
Participou na exposición Documentos reales de la catedral de Santiago . Antes de ser devolta ao museo, xa clausurada a exposición, é trasladada do Museo Catedralicio ao Pazo de Xelmírez para a Exposición Vlll Centenario del Pórtico de la Gloria, que se inaugura o 16 de setembro do ano 1988.
- Afonso IX e a súa época: Pro utilitate regni mei. Pazo Municipal de Exposicións, Kiosco Alfonso, A Coruña, do 15 de xullo de 2008 ao 30 de setembro de 2008. - San Francisco. Peregrino y nuevo apóstol, Palazzo Bonacquisti, Asis (Italia), do 22 de agosto ao 20 de outubro de 2013.
|
Clasificación Razonada |
Os poucos coidados postos nas sucesivas remodelacións do Panteón Real da catedral compostelá (hoxe na Capela das Reliquias) suporía a perda de memoria sobre a correcta identificación dos enterramentos. Xa Ambrosio de Morales, na súa viaxe de 1572 recolle que non ostentaban "títulos ningunos", e a atribución actual produciríase dun xeito tardío en 1641 cando se inclúen os epitafios pintados sinalando os diferentes enterramentos.
A orixe deste panteón tal vez haxa que o buscar na autorización que Xelmírez concede para enterrar no interior do templo (non hai certeza do lugar exacto) ao conde don Raimundo de Borgoña, morto en 1107. O verdadeiro impulso a este proxecto viría de mas de Afonso IX que ordenaría, en 1188, enterrar alí ao seu pai, Fernando II, seguindo el mesmo o seu exemplo á súa morte en 1230. A nova unión de León a Castela restaría forza a esta iniciativa ao optaren os monarcas casteláns por outros lugares para o seu enterramento, incluso a pesares do compromiso adquirido por algúns como foi o caso do emperador Afonso VII, a súa irmá Sancha ou a súa tía Teresa de Portugal.
O traslado dos sepulcros ao actual emprazamento tería lugar cara 1536, fundándose así a coñecida como Capela do Reis. Logo dunha posterior remodelación, en 1641 serán centralizadas neste lugar a meirande parte das reliquias espalladas polo templo, converténdose deste xeito na actual Capela das Reliquias, restando peso ao seu valor funerario.
|
Bibliografía |
Los Reyes y Santiago: [catálogo de la] exposición de documentos reales de la Catedral de Santiago de Compostela. Cabano Vázquez, José Ignacio(coord). Santiago de Compostela: Subdirección Xeral do Libro e Patrimonio Documental, 1987. O Pórtico da Gloria e o seu tempo: catálogo da exposición commemorativa do VIII centenario da colocación dos dinteís do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago: Santiago, do 16 de setembro ó 17 de novembro de 1988. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura e Deportes, 1988. Pellegrino e nuovo apostolo: San Francesco nel Cammino di Santiago, Palazzo Bonacquisti, Assisi, dal 22 agosto al 20 ottobre 2013. Singul, Francisco(dir). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2013. Cat. páx. 578; fig. páx. 194. PÉREZ OUTEIRIÑO, Bieito. Sepultura (baleirado) de Alfonso IX. Alfonso IX e a súa época= y su época: Pro utilitate regni mei: [exposición] , Pazo Municipal de Exposicións Kiosco Alfonso, do 15 de xullo ao 7 de setembro de 2008, coordinación, L. Jaime Oíza Galán, María de la O Suárez Rodríguez. A Coruña: Concello da Coruña, 2008. pp. 133-135.
|
Catalogación |
Pesquera Vaquero, Mª Isabel
|