Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-195
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Artes plásticas; Escultura
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Escola burgalesa
Título Santiago peregrino
Materia/Soporte Madeira de carballo
Técnica Policromado [policromada (cabeza)]
Labra
Vulto redondo
Dourado [dourado (aparecen algúns restos de dourado por toda a escultura)]
Dimensiones Alto máx = 33,50 cm; Longo = 10 cm; Ancho máx = 13 cm
Descripción Escultura representando ao apóstolo Santiago o Maior descalzo sobre unha reducida peaña. Vestido con túnica longa que se abotoa no pescozo e que se axusta na cintura cunha correa. Sobre ela un amplo manto terciado pola parte dianteira recollido coa man esquerda coa que terma do libro aberto. Falta a man dereita á altura da bocamanga e que sostería, sen dúbida, o bordón. Sobre a túnica apréciase a correa do zurrón ou escarcela cadrada cunha borla nun dos extremos. Cubre a cabeza cun sombreiro de aba volta que se decora no centro da parte frontal cunha vieira flanqueada por senllos bordonciños colocados en vertical. O tratamento da cabeza está realizado con gran delicadeza o que lle outorga un aspecto pensativo e de gran serenidade, cos ollos baixos e rasgados, barba completa e perfectamente organizada e melena curta.
Conserva restos de dourado e policromado.
Iconografia Santiago Peregrino
Datación 1500[ca]
Contexto Cultural/Estilo Gótico Final
Lugar de Producción/Ceca Burgos (m) (Arlanzón (comarca), Burgos) [Lugar de Producción dudoso]
Uso/función Devocional. Destinada a formar parte dun retablo como parecen confirmar diversas perforacións que ten para fixar.
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001 Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002.
Clasificación Razonada Polos resgos específicos parece posible adscribir esta peza a algún dos obradoiros casteláns que, influídos polas maneiras de traballar nos países nórdicos, realizan a súa produción para cubrir a forte demanda de iconografía relixiosa que existe nun amplo territorio peninsular. É posible que o anónimo autor deste pequena escultura traballase no círculo de Gil de Siloé.
Pola súa banda, o tipo iconográfico responde a momentos próximos ao 1500 onde a dimensión de Santiago como Apóstolo prima sobre a de peregrino, nunha harmónica convivencia dos resgos distintivos desta dobre personalidade.
Bibliografía Santiago Peregrino. San Froilán, culto e festa: Catedral de Lugo, Capela de San Froilán-Praza Ángel fernández Gómez(Lugo), 29 setembro-26 novembro 2006, coordinación e supervisión, Sabela Concheiro Pérez, Carla Fernández-Refoxo González, José Fonte Sardiña, Francisco Gómez Souto, Carmo Iglesias Díaz. Santiago de Compostela: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2006. pp. 152-153.

SINGUL, Francisco. Santiago Peregrino [Madeira de carballo con restos de dourado e policromía]. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 156-157.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 27/05/1999
Catalogación Domínguez Pallas, Desirée
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6