Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-922
Clasificación Genérica Acibechería; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Cruz
Nombre Específico Cruz procesional
Autor/a Taller asturiano
Materia/Soporte Acibeche
Cana: Prata
Aplique: Prata
Esmalte
Técnica Incisión
Talla
Dimensiones Profundidade = 3,50 cm; Altura = 51 cm; Anchura = 28,50 cm
Descripción Cruz latina de acibeche sobre canón circular de prata para enmangar. Árbore de sección rectangular de 3,50 x 2,40 cm. con profusa decoración de cuadrifolios e medias flores sobre fondo de puntas de diamante inscritas en rectángulos, tanto no anverso como no reverso. Rematan os brazos con balaústres de prata. No anverso falta o Cristo e quedan tres perforacións para a suxeición. No reverso presenta catro aplicacións de prata con esmaltes en branco e negro coas seguintes representacións: a da esquerda cruz da orde dominica, a da dereita, emblema da Inquisición, na parte superior, cartela co texto: «FIOS/NEVARES», relativo á localidade de orixe, e na parte central da árbore, figura de San Domingos de Guzmán.
O traballo está executado por unha man habelenciosa, coñecedora da súa profesión.
Iconografia Cruz latina; Brazos da cruz: Escudo da orde Dominicana; Escudo da Inquisición; San Domingos de Guzmán
Inscripciones/Leyendas Cartela no brazo da cruz, Incisión gravada, Español, Capital cadrada
FIOS/NEVARES (Fíos, Nevares) [Fíos é unha parroquia da antiga freguesía de Nevares, no concello asturiano de Parres.]
Datación 1601=1700
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Producción/Ceca Principado de Asturias (España, Europa do Sur)
Uso/función Litúrxico
Descriptores Geográficos Nevares; Fíos
Clasificación Razonada As cruces en acibeche, tanto de altar como procesionais, documéntanse xa no século XIV. En moitos casos trátase de esqueuomorfos que reproducen os tipos propios das cruces de metal e as súas decoracións. A utilización de cruces de acibeche era propia dos actos da Semana Santa, dos cerimoniais de excomuñón e das celebracións en tempos de entredito. A utilización de cruces de acibehce pola Inquisición está documentada, se ben os obxectos escasean debido á falta de uso ao longo das últimas centurias e á fraxilidade inherente a este tipo de obxectos.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 01/08/2008
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6