Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-50
Clasificación Genérica Artes plásticas; Mobiliario cultual común; Mobiliario asociado ao altar e a súa contorna
Objeto/Documento Espello
Autor/a Atribuído a; Máximo Magariños Rodríguez (Lugar de nacimiento: Santiago de Compostela, 18/11/1869 - Lugar de defunción: Santiago de Compostela, 26/03/1927)
Materia/Soporte Madeira
Técnica Talla
Dimensiones Altura = 148 cm; Anchura = 230 cm
Descripción Gran espello triplo con laboriosa gornición neogótica tallada en madeira rematada con crestería de arcos y pináculos. No corpo central, rematado por un florón, figura, na parte alta o escudo dos Reis Católicos flanqueado polas frechas e o xugo, mentres que na parte inferior documéntase un escudo bipartito sobre cruz de Santiago que contén no campo da dereita o escudo de Galicia e no oposto o de Santiago. No pilar da esquerda, sobre columna rematada en peaña circular, escudo con cruz potenzada inscrita en coroa de loureiro como distintivo do Hospital Real. No pilar oposto repetiríase a composición pero falta o emblema heráldico.
Iconografia Heráldica; Parte inferior. Cuartel dereito: Escudo da cidade de Santiago de Compostela;
Parte inferior. Cuartel esquerdo: Escudo de Galicia;
Parte esquerda: Escudo do Hospital Real de Santiago;
Parte superior: Escudo dos Reis Católicos
Datación 1914[ca]
Contexto Cultural/Estilo Neogótico
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Decorativo
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Antigo Hospital de San Lázaro
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: -O Hospital Real de Santiago de Compostela e a hospitalidade no Camiño de Santiago. Museo do Pobo Galego-San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela, do 13 de xullo ao 29 de agosto de 2004.

Este elemento mobiliario ingresa no MDPS en 1968 como depósito da Deputación Provincial da Coruña. Trasládase desde o Hospitaliño de San Lázaro a onde fora levado en 1953 procedente do Hospital Central de Galicia, ubicado desde 1846 no antigo Hospital dos Reis Católicos na Praza do Obradoiro, baixo a responsabilidade do citado organismo provincial. Cando en 1968 é preciso levar a cabo con premura o desaloxo do Hospitaliño de San Lázaro por mor da súa cesión ao Ministerio de Agricultura, deposítase no museo xunto cou algunha outra obra carentes de otra aplicación provechosa.
Bibliografía PÉREZ OUTEIRIÑO, Bieito. Espellos con gornición. O Hospital Real de Santiago de Compostela e a hospitalidade no camiño de peregrinación: [catálogo da exposición celebrada en] Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 14 xullo - 29 agosto, 2004, coordinada por Marcelina Calvo Domínguez. Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2004. pp. 615-617.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 20/05/1968
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6