Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1426.4/3
Clasificación Genérica Obxectos de equipamento doméstico: alimentación
Objeto/Documento Prato
Tipología/Estado San Juan de Aznalfarache
Autor/a Fabrica de San Juan de Aznalfarache
Materia/Soporte Louza
Técnica Cocción
Bizcochado
Estampación
Esmaltado
Torno
Dimensiones Altura = 4,60 cm; Longo = 6 cm; Grosor = 0,50 cm
Descripción Fragmento de fondo de prato, de louza da Fabrica de San Juan de Aznalfarache (Sevilla). Prato con base de fondo plano.
A superficie interior/ anverso, presenta decoración estampada levemente esvaída, en azul, da serie vistas imaxinarias.
A superficie exterior / reverso, presenta selo impreso de fabricación: "R [RODRIGU]EZ YCª / 3C / SN JUAN / [DE AZNALFARACH]E" e unha pequena mota de pintura da estampación en azul. O esmalte está lixeiramente cuarteado.
Pasta de arxila caolinítica.
Iconografia Superficie interior: Fondo.: Árbore; Elemento arquitectónico;
A superficie interior presenta decoración estampada, levemente esvaída, en azul, na que se observa en primeiro plano dous troncos de árbore entrelazados e unha paisaxe arquitectónica de fondo.
Firmas/Marcas/Etiquetas Superficie exterior / Reverso, Impresión, Español
Fabrica de San Juan de Aznalfarache
R [RODRIGU]EZ YCª / 3C / SN JUAN / [DE AZNALFARACH]E (R [RODRIGU]EZ YCª / 3C / SN JUAN / [DE AZNALFARACH]E)
Datación 1859-1868
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Sevilla (Andalucía, España)
Uso/función Vaixela. Servizo de mesa.
Lugar de Procedencia Padrón (Sar (O) (comarca))
Lugar Específico/Yacimiento Rúa Ruiz Pons (Padrón)
Clasificación Razonada Superficie interior / anverso, presenta decoración estampada en azul, levemente esvaída, na que se pode observar claramente árbore e elemento arquitectónico. Esta composición pódese enmarcar dentro da serie vistas imaxinarias tan en voga no século XIX, mais concretamente no decorado "Doria", moi recorrido nas estampacións de San Juan de Aznalfarache. Esta decoración pódese encontrar por primeira vez nunha serie de gravados ingleses de 1853 nas louzas de "Barrow & Cº" (Staffordshire). A composición está formada por varios personaxes vestidos á italiana paseando, por un xardín de tipo inglés con ambientación clásica (Buelga Buelga, 2000:52), é precisamente un fragmento deste xardín o que se conserva na presente peza, con dous troncos de arbore entrelazados e en segundo plano un elemento arquitectónico.

Superficie exterior / reverso, presenta selo impreso da Fábrica de San Juan de Aznalfarache, polas características do selo pódese enmarcar durante o período de actividade da sociedade Ramón Rodríguez e Compañía (1859 - 1868 e seguintes) (Buelga Buelga, 2000:61).

Polos datos ofrecidos polo selo e decoración, esta peza cerámica encadraríase na segunda etapa de produción (1859 - 1890) "RAMÓN RODRIGUEZ Y CIA". En 1859 a fábrica de San Juan é adquirida polos empresarios españois Ramón Rodríguez y Toledo e Francisco Cassá y Fábregas, xunto cun terceiro socio chamado Antonio Peralta,constituíndo a nova sociedade "Ramón Rodríguez y Compañía, Fábricantes de loza de pedernal", en 1870 a fábrica pechará as súas portas tras un período de quebra e non será ata 1890 coa compra de "Sandeman, MacDougal y Cía", cando se continúe a produción e de comezo a terceira etapa de produción do taller sevillano (1890 -1919).

Paralelo ca peza de catálogo nº 24 de Balga Balga (2000) "Estampaciones para lozas de los siglos XIX y XX. La fábrica de San Juan de Aznalfarache, Sevilla (1854 - 1954)", presentando mesma decoración e selo.

Bibliografia:
· Buelga Buelga, M.: Estampaciones para lozas de los siglos XIX y XX. La fábrica de San Juan de Aznalfarache, Sevilla (1854 - 1954), Museo de Bellas Artes de Asturias, Gijón, 2000.
Forma de Ingreso Depósito por intervención arqueolóxica. Control
Fecha de Ingreso 13/08/2014
Catalogación del Río Canedo, Verónica
| más imágenes |
 
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6