Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
DE-1
|
Clasificación Genérica |
Pintura; Obxectos devocionais
|
Objeto/Documento |
Cadro
|
Autor/a |
Flandes, Juan de (Lugar de nacimiento: Bruxas (Brugge), 1465 - Lugar de defunción: Palencia (m), 1519) [Escola hispano-flamenca. Naceu a mediados do s. XIV en Gante ou Bruxas. En España foi pintor de corte da raíña Isabel a Católica desde 1496 ata a morte desta en 1504. Despois tivo numerosas encomendas en Castela, principalmente en Salamanca e en Palencia.]
|
Título |
Santiago peregrino
|
Materia/Soporte |
Madeira Pintura ao óleo
|
Técnica |
Óleo sobre táboa
|
Dimensiones |
Longo = 58,50 cm; Alto con marco = 70 cm; Altura = 70 cm; Anchura = 6,30 cm Táboa: Altura = 49 cm
|
Descripción |
Representación de Santiago peregrino de medio corpo, encadrado nunha simulada ventá rematada en arco rebaixado e ante unha paisaxe de fondo na que se aprecia unha cidade amurallada da que sobresaen as apuntadas torres dos edificios e da catedral de estilo gótico. Disposto en tres cuartos cara a esquerda, aparece ataviado con pesados roupaxes de grosas telas e amplos pregues, e caracterizado como peregrino, en tanto que porta o característico sombreiro coa emblemática vieira, unha esclavina verde rematada en pelo de animal colocada sobre un manto de cor vermella e o bordón de dobre pomo e gancho suxeito coa súa man dereita. Coa esquerda, sen embargo, sostén de maneira curiosa (introducindo o dedo índice entre as súas páxinas) o libro dos evanxeos, indicativo da súa condición apostólica, disposto de xeito oblicuo ao corpo e apoiado sobre o outro brazo para xerar profundidade.
A celaxe de tonalidades claras e frías contribúe a resaltar a grandeza e a forza que irradia a representación do Apóstolo, no seu monumental primeiro plano, a través do marcado acento naturalista despregado polo artista na figura, da intensidade cromática e da vigorosa volumetría das roupas, para potenciar, así, ese contraste doce coa sutileza do fondo. Esta mestría na utilización da luz e da cor consegue concentrar a atención do espectador na faciana de Santiago, a cal mesmo semella un retrato pola detallada representación das engurras, das bolsas dos ollos e polo delicado tratamento da barba. A expresión triste e preocupada da súa mirada transmite, á súa vez, un efectivo sentimento de piedade e contida emoción.
O cadro aparece enmarcado nun paspartú de veludo granate e cun marco que presenta unha inscrición en letras douradas góticas todo ao redor.
|
Iconografia |
Santiago Peregrino
|
Datación |
1505-1519 [Data do comezo das imaxes encomendadas a Juan de Flandes para o retablo da capela Universitaria de Salamanca que remataría en 1507.]
|
Contexto Cultural/Estilo |
Gótico
|
Lugar de Producción/Ceca |
Salamanca (m) (Salamanca (comarca), Salamanca)
|
Uso/función |
Devocional. Seguramente feito para a Capela Universitaria de Salamanca xunto con otras seis imaxes de santos.
|
Descriptores Onomásticos |
Memling, Hans Gérard David Goes, Hugo van der Reis Católicos
|
Descriptores Geográficos |
Salamanca (m); Gante (Gent); Bruxas (Brugge); Salamanca
|
Lugar de Procedencia |
Madrid (m)
|
Historia del Objeto |
A pintura deuna a coñecer o historiador americano Ch. R. Post cando pertencía á antiga colección de D. Raimundo Ruiz, de Madrid. Tras un tempo en paradoiro descoñecido, foi subhastada pola casa Finarte en 1997 e adquirida pola Fundación Ano Santo Compostelán.
<EXPOSICIONS>: La Memoria del Futuro. Salas da Biblioteca Nacional de Madrid, do 17 de decembro de 1999 ao 20 de febreiro de 2000. Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001. Museo das Peregrinacións. Sala de exposicións temporais do Museo das Peregrinacións, Santiago de Compostela, do 17 de decembro de 2001 a abril de 2002. Caminos que hicieron Europa: Santiago y su peregrinación. Narodne Muzeum, Bratislava (Eslovaquia), do 1 de setembro ao 19 de novembro de 2004. Caminos que hicieron Europa: Santiago y su peregrinación. Museo Nacional de Cracovia (Polonia), de decembro de 2004 a febreiro de 2005. Diseño y encuadernación para el libro de un peregrino. Museo das Peregrinacións e de Santiago. 12 de febreiro ao 27 de marzo de 2005. España medieval y el legado de Occidente. Museo Nacional de Antropología - Museo Castillo Chapultepec, México DF. (México), do 27 de outubro de 2005 ao 26 de febreiro de 2006. Os capítulos da Irmandade. Peregrinación e conflicto social na Galicia do s. XV. Capela do Pilar da Basílica Catedral de Santa María de Lugo - Casa Municipal Uxío Novoneyra, Lugo, do 28 de xullo ao 28 de outubro de 2006. La belleza encerrada. De Fra Angelico a Fortuny, Museo del Prado, Madrid, do 21 de maio ao 10 de novembro de 2013.
|
Clasificación Razonada |
As particularidades estéticas que amosa esta táboa permiten percibir con bastante claridade o estilo e os caracteres propios de Juan de Flandes, se ben ata o momento non se puido confirmar documentalmente a súa procedencia orixinal. Con todo, considérase probable que poida tratarse dunha das imaxes que realizou para o retablo da Capela Universitaria de Salamanca (1505-1507) e que pertenza, por tanto, á súa última etapa como artista que abrangue desde este encargo ata 1519, ano de remate, á morte do pintor, do retablo maior da catedral de Palencia. Así o evidencian a sutileza e exquisitez descritiva, a intensa e persoal variedade cromática do pintor ao que se engade, segundo algúns autores, a influencia hispana pola que abandona delicadamente a presenza predominante da paisaxe por mor de potencia-la rotundidade volumétrica da figura. De feito, o tratamento sumamente naturalista concedido a este Santiago peregrino, mesmo retratístico, asóciao á figura do Cristo que traza na táboa da "Cea de Emaús" que forma parte, precisamente, do retablo palentino mencionado. A expresión cansada e triste dos ollos, potenciada polo debuxo realista das bolsas baixo as pálpebras e a pel curtida repleta de engurras é común a ámbalas dúas imaxes.
|
Bibliografía |
BERMEJO, Elisa. Novedades sobre Juan de Flandes, el Maestro de la leyenda de la Magdalena y Jan de Beer. Archivo Español de Arte, LXI (1988), nº 243. pp. 231-241. BERMEJO, Elisa. Santiago peregrino (ca. 1507-1509). Las tablas flamencas en la ruta jacobea, [exposición], septiembre, noviembre 1999, Fundación BSCH, Madrid, coordinación general, Francisco Fernández Pardo. San Sebastián: Diócesis de Calahorra y Lacalzada, 1999. pp. 360-361. BERMEJO, Elisa; PORTÚS, Javier. Juan de Flandes. Madrid: Grupo Axel Springer, 1988. Juan de Flandes: [exposición], febrero-marzo 1986, Museo del Prado. Vandevivere, Ignace(coord). Madrid: Ministerio de Cultura, 1986. PESQUERA VAQUERO, María Isabel. Santiago Peregrino [Óleo sobre táboa, Juan de Flandes]. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 146-149. Santiago Peregrino. Os Capítulos da Irmandade: peregrinación e conflito social na Galicia do século XV, Catedral de Lugo, capela do Pilar, Sala Municipal Uxío Novoneyra, Lugo, 4 agosto-28 outubro, 2006, coordinación, Ofelia Gómez Estalote, Pablo Otero Rodal. Santiago de Compostela: S.A. Xestión do Plan Xacobeo, 2006. pp. 558.
|
Forma de Ingreso |
Depósito
|
Fecha de Ingreso |
10/08/1998
|
Catalogación |
Pesquera Vaquero, Mª Isabel
|