Clasificación Razonada |
A lanza nesta época podería ser empregada tanto pola cabalería coma pola infantaría militar, sendo unha das armas máis características e máis utilizadas no ámbito militar. Podendo servir para outros fins diferentes ao bélico, como podería ser a caza. Debido ás súas características formais e a súa austeridade podemos determinar que formaría parte da panoplia tradicional dun guerreiro da época, no noroeste da península Ibérica.
O contexto arqueolóxico no se que se enmarca esta punta de frecha é o Castelo Medieval da Rocha Forte a poucos quilómetros da cidade de Santiago, fortaleza militar baixomedieval e complexo residencial do arcebispo, señor das terras de Santiago. Construído en 1255 polo prelado Juan Arias e remodelado posteriormente en diversas ocasións. A presenza de material arqueolóxico relacionado con actividades belicosas non é de estrañar, xa que este espazo foi escenario dos diversos conflitos entre os cidadáns de Santiago de Compostela e o señor destas terras en torno ao 1320. O último episodio bélico que ten lugar neste emblemático asentamento, foi no marco das guerras Irmandiñas, que tras un primeiro asalto en 1458, levado a cabo pola irmandade de Santiago, apoiada polo conde de Trastámara, será definitivamente destruído no 1466 (Casal R., Acuña F., González G., 2006: 430).
Entre o repertorio armamentístico da Rocha Forte, atópanse numerosas puntas de saeta, unha folla de espada de ferro e puntas de lanza. En materia pétrea, unha gran cantidade de bolaños relacionados directamente cos asedios, ataques e defensa do último conflito irmandiño.
BIBLIOGRAFÍA:
- Casal R. et. Alli.: "La fortaleza de A Rocha Forte (Santiago de Compostela). Campaña de 2004". Gallaecia, nº 24, 193 - 218, 2005.
- Casal R., Acuña F., González G.: "O Castelo Gótico da Rocha Forte, Santiago de Compostela". Os capítulos da Irmandade. Peregrinación e conflicto social na Galicia do século XV. 2006.
- Suárez Otero, J., Ayán Vila, X., Marín Suárez, C.: Rocha Forte. Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación. Concellería de Desenvolvemento Urbano e Sostible. Concello de Santiago, 2013.
|