Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-1159
|
Clasificación Genérica |
Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Metalistería
|
Objeto/Documento |
Icona
|
Tipología/Estado |
De viaxe
|
Autor/a |
Anónimo
|
Título |
Gran cruz do Patriarca
|
Conjunto |
Colección de iconas rusas
|
Materia/Soporte |
Cruz: Bronce Dourado Marco: Madeira Dourado [Non é orixinal] Soporte: Veludo Vermello [É tea]
|
Técnica |
Cruz: Relevado Cicelado
|
Dimensiones |
Cruz: Profundidade = 0,20 cm; Altura = 39,50 cm; Anchura = 24,50 cm Marco: Anchura = 37 cm; Profundidade = 1,50 cm; Altura = 51 cm
|
Descripción |
Cruz metálica que segue o seguinte esquema: no centro aparece Cristo Crucificado sobre a cruz de "oito puntas", co Espírito Santo en forma de pomba e con Deus Pai co orbe terrestre na man encima dela, e acompañado das catro testemuñas (Marta e a Virxe á esquerda e Xoán e Lonxinos á dereita). Na parte inferior aparece a cidade de Xerusalén e a caveira, e ao redor amósanse 14 imaxes de festas do calendario litúrxico a excepción dun campo. Desde a esquerda e comezando abaixo no sentido das agullas do reloxo: a Natividade da Virxe, a Presentación de María no Templo, San Nicolás (6 de decembro), o Nacemento de Cristo, o Bautismo de Xesús, a Presentación de Cristo no Templo e a Anunciación; no lado dereito, de arriba a abaixo: a Entrada en Xerusalén, o Descenso de Cristo aos infernos ou Anástase, a Ascensión de Cristo, a Santísima Trindade, a chegada do Espírito Santo, a Transfiguración e a Durmición da Virxe. Separando ambas as dúas metades pódense ver dúas virxes: a inferior é Virxe do Milagre Novgorod e a superior, rodeada de catro medallóns, é outra representación da Virxe. Na zona superior da cruz pódense ver dous bulbos no que no da esquerda pódese ver á Trindade do Novo Testamento e no da dereita a festa da Exaltación da Santa Cruz. Finalmente, coroando toda a peza poden observarse uns 15 serafíns sentados sobre pasarelas formando un arco.
|
Iconografia |
Icona: Crucifixión; Resurrección; Presentación da Virxe; Entrada en Xerusalén; Trindade do Antigo Testamento; Dormición ou Koimese; Exaltación da Santa Cruz; Descendemento aos infernos; San Nicolás de Mira; Espírito Santo; Bautismo de Cristo; Virxe María; María Madalena; Deus Pai; Nacemento de Xesús; Transfiguración; San Xoán Evanxelista; Nacemento da Virxe María; Ascensión; Pentecoste
|
Inscripciones/Leyendas |
Cara anterior, na parte superior das diferentes esceas e ao redor da cruz, Gravado (1800-1899) [Abreviaturas, tanto gravadas como en relevo]
|
Datación |
1800-1899 (S. XIX)
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea
|
Lugar de Producción/Ceca |
Europa Central e Oriental (Europa)
|
Uso/función |
Devocional
|
Descriptores Geográficos |
Europa Central e Oriental
|
Lugar de Procedencia |
Estonia
|
Lugar Específico/Yacimiento |
Tallin
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIÓNS>: A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, ( do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
|
Clasificación Razonada |
As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Segundo as características que presenta esta icona (materia, dimensións), posiblemente poida formar parte da tipoloxía de iconas de viaxe xa que estas son metálicas e eran transportadas polo propietario nos desprazamentos fóra do domicilio. Poden ter forma de cruz simples ou compostas, ou ser trípticos, polípticos, etc. Cando o propietario morría ou xa non podía viaxar, era embutida noutra de madeira converténdose deste xeito nunha icona doméstica.
Este tipo de cruces coñécese como "Gran Cruz do Patriarca", nome dado polos vellos crentes debido á súa profusa decoración (perdida, parece ser, nesta peza) e polos seus detalles. Segue sempre un mesmo esquema e o seu centro fabricación máis importante era o mosteiro dos vellos crentes de Vyg, ao norte de Rusia.
A decoración dos 15 serafíns sentados sobre pasarelas formando un arco era só usual na comunidade de vellos crentes de Guslicy, cerca de Moscova.
|
Forma de Ingreso |
Depósito
|
Fecha de Ingreso |
28/10/2013
|
Catalogación |
Cobas Macías, Cristina; Sánchez Ruiz, Silvia
|