Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario FD/D-13751
Clasificación Genérica Artes da imaxe
Objeto/Documento Fotografía
Autor/a Valcárcel Cabo, Manuel (Lugar de nacimiento: Monforte de Lemos (l), 1975) (Piro)
Título Grand Magal
Conjunto Destino
Materia/Soporte Papel [Papel Canson Baryta Fiber Rag. 310
Enmarcado con passepartout blanco, cristal invisible proteccion UVA 70%. Moldura Maple.]
Técnica Positivado sobre papel [A cor]
Dimensiones Alto con marco = 47 cm; Ancho con marco = 64 cm
Descripción Nun patio interior e tras unha reixa metálica que forma unha diagonal sitúanse dous rapaces senegaleses vestidos con túnica branca, ás costas deles un grupo de persoas no chan e un home de pé.
Iconografia Peregrinación
Datación 2018 [(Outubro-novembro)]
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Descriptores Geográficos Senegal
Clasificación Razonada Esta fotografía formou parte da exposición "Destino" (2/12/2021 a 8/05/2022) con fotografías de Manuel Valcárcel na que se mostraban imaxes de tres peregrinacións e de tres relixións en catro continentes e era o resultado da interacción das vivencias persoais do autor con varias persoas coas que cruzou a súa vida e o seu camiño, dando como resultado unha experiencia humana, cultural, persoal e espiritual que transcende as imaxes. Valcárcel é peregrino e a vez documentalista das peregrinacións e da súa propia vida, nun tránsito, un camiño individual no que empeñou catro anos, de 2018 a 2021.
Manuel resume a súa peregrinación persoal da seguinte maneira:
"tentei comprender a relación entre o ser humano, a natureza e o tempo. "Destino", trata de mostrar cinco peregrinacións, en catro países de catro continentes, utilizando a fotografía como ferramenta narrativa, distintas historias, unidas por un mesmo sino".
A fotografía concíbese como un retrato no que todo o que rodea ao rapaz que centra a imaxe contribúe a crear un ámbito de recollemento e sosego que mostra un acto do sufismo islámico que celebra unha preregrinación especial.
O Grand Magal de Touba é unha peregrinación islámica, que comezou cara a 1928, á cidade de Touba para conmemorar o exilio de Senegal do líder relixioso sufí Ahmadou Bamba cara ao veciño Gabón onde estivo exiliado 12 anos por causa da persecuión do goberno colonial francés. Actualmente os seguidores de Bamba peregrinan á gran mesquita de Touba na que está enterrado Bamba. Probablemente é a festa máis importante de Sanegal.
"Magal" é unha palabra en Wolof que deriva de "mag," que significa "ser importante" ou "ser vello" e que pode traducirse como celebración ou aniversario.
Manuel Valcárcel viaxou a Senegal con Assan, emigrante senegalés en España, que marchou do seu pais cando o seu fillo tiña 6 meses e voltou para reencontrarse cos seus tras dez anos sen velos. Él e a súa familia acudiron ao Grand Magal de Touba para celebrar o reencontro.
Forma de Ingreso Depósito por doazón
Catalogación Aneiros García, Roberto
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6