Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-159
|
Clasificación Genérica |
Numismática; Obxectos de actividades económicas
|
Objeto/Documento |
Moeda
|
Nombre Específico |
Óbolo
|
Título |
Moeda coa translación do corpo do Apóstolo
|
Emisor/a |
Fernando II de León (E)
|
Materia/Soporte |
Billón
|
Técnica |
Cuñaxe a martelo
|
Dimensiones |
Moeda: Módulo = 13 mm; Peso = 0,28 gr
|
Características Técnicas |
Posición de cuños: 4 h
|
Descripción |
Anverso: + FERNANDVS REX
León pasante á dereita, tras el, vara rematada por unha cruz que corta a lenda. Ao redor a lenda dentro de grafilas de puntos.
Reverso: S IA-COBI
Barca sobre a que aparece deitado á dereita o corpo do apóstolo Santiago, ós seus pés aprécianse as cabezas de dous dos seus discípulos, no centro vara rematada por unha cruz que corta a lenda: S(ancti) IA-COBI
Estamos, ata o momento, ante a representación máis antiga coñecida do relato da translación marítima dos restos do apóstolo Santiago, que parten dende Palestina a Galicia. Recordemos que o papa León XIII no documento Deus omnipotens (1884) confirmaba a secular historia afirmando que despois de morrer o apóstolo Santiago (o maior) en Xerusalén, foi recollido polos seus discípulos Atanasio e Teodoro (que serían os personaxes que aparecen na moeda), os cales se embarcaron co Santo Corpo ata chegar ás costas de España (Translatio), á comarca da Maía, onde enterraron o apóstolo nunha pequena cuíña. Dita tumba foi redescuberta a principios do século IX (c. 813), cando Teodomiro era bispo de Iria Flavia e Afonso II rei de Asturias, quen inmediatamente ordenou a construción dunha igrexa sobre ela, orixe da futura cidade de Compostela.
A inscrición do anverso remítenos ó reinado de Fernando II, rey de León (1157-118). E a inscrición do reverso que actúa como marca de ceca o lugar de acuñación nos leva a cidade compostelana.
|
Iconografia |
Translación do corpo do Apóstolo Santiago
|
Datación |
1157-1188 (Reinado de Fernando II de León.)
|
Contexto Cultural/Estilo |
Alta Idade Media
|
Lugar de Producción/Ceca |
Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p)) [Ceca compostelana]
|
Uso/función |
Unidade de conta, medida de valor e medio de pagamento. Transaccións económicas.
|
Descriptores Geográficos |
Santiago de Compostela
|
Lugar de Procedencia |
Grove (O) (San Vicente)
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIONS>: O Pórtico da Gloria e o seu tempo, Santiago, 1988. Santiago, Camiño de Europa, Santiago, 1993. Esto es dinero. De los orígenes al Euro, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, do 7 de novembro ao 30 de decembro de 2001. Caminhando sobre as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela, Tesouro Colexiata Sanatiago do Casem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007.
|
Clasificación Razonada |
ÁLVAREZ BURGOS, nº 105. ROMA, pp, 107-108.
A representación conservada no reverso desta moeda da ceca compostelá pode ser unha fonte de gran valor para a reconstrución dos modelos iconográficos que decorarían o interior da basílica de Santiago e que se perderían (Vid. Vázquez Santos, R., las monedas...).
|
Bibliografía |
ALFARO ASÍNS, Carmen. Emisión de moneda en Galicia. Fig. páx. 143; Esto es dinero : de los orígenes al euro : Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 9 noviembre - 30 diciembre 2001. A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2001. pp. 137-152. ALONSO ROMERO, Fernando. La embarcación de la moneda de la necrópolis de Adro Vello (O Grove, Pontevedra). 1987. Anuario Brigantino. ALONSO ROMERO, Fernando. Las embarcaciones de la segunda cruzada y su ruta atlantica desde Darmouth hasta Galicia en el año 1147. A Coruña: 1998. Actas do II Coloquio Internacional de Estudo Xacobeos. CARRO OTERO, José. Moneda con la Traslación del cuerpo del Apósotol Santiago. Santiago, Camino de Europa: culto y cultura en la peregrinación a Compostela, edición a cargo de Serafín Moralejo y Fernando López Alsina. Santiago de Compostela: Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, 1993. p. 258. CARRO OTERO, José. Moneda del rey D. Fernando II de Galicia-León y ceca compostelana, con el tema de la Traslación del cuerpo del cuerpo del Apóstol Santiago (1157-1188). Compostellanum, vol. 32, nº 3-4, (jul. - dic. 1987). pp. 575-594. FRANCISCO OLMOS, José María de; NOVOA PORTELA, Feliciano. Catálogo de numismática do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2009. pp. 50-51 (cat. nº 42). Galaicos, un pobo entre dous mundos. 120. VÁZQUEZ SANTOS, ROSA. Las monedas de la ceca compostelana, ¿una clave para la reconstrucción de los ciclos pictóricos medievales de la catedral de Santaigo?. Locus Amoenus, 11, 2011-2012, Pp. 7-17.
|
Forma de Ingreso |
Depósito por intervención arqueolóxica. Escavación
|
Fecha de Ingreso |
26/07/1995
|
Catalogación |
Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Gigirey Liste, Esperanza; Pérez Outeiriño, Bieito
|