Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-493
Clasificación Genérica Cerámica
Objeto/Documento Bote de farmacia
Nombre Específico Albarelo
Autor/a Taller de Talavera
Materia/Soporte Louza
Técnica Torneado
Vidrado [en branco estannífero]
Pintado [en azul cobalto]
Dimensiones Altura = 24,70 cm
Base: Diámetro = 8,50 cm
Boca: Diámetro = 10 cm
Descripción Bote de farmacia en forma de albarelo con pé destacado, panza subcilíndrica, colo con lixeiro estreitamento e boca con bordo exvasado. No centro da panza, pintado sobre o esmalte, aparece o escudo do Hospital Real de Santiago composto de dobre armelado circular, con cruz potenzada no centro, e no bordo superior remata con outra cruz igualmente potenzada. O motivo circular está cimado por un capelo con dous cordóns rematadas cadanseu en tres borlas.
Iconografia Escudo do Hospital Real de Santiago
Datación 1700[ca]
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Producción/Ceca Talavera de la Reina (Talavera (comarca), Toledo) [Talavera ou Puente del Arzobispo. A probabilidade maior é de que fose un producto de Talavera, posto que nos libros de contas do Hospital Real a maior parte das compras de botámenes foron feitas a Talavera que tiña sempre unha producción máis forte que Pu]
Uso/función Para almacenar herbas e produtos faracéuticos sólidos.
Descriptores Geográficos Talavera de la Reina
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Hospital Real
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: -Luces de peregrinación. Museo Arqueolóxico Nacional, Madrid, do 23 de decembro de 2003 ao 14 de marzo de 2004. - Luces de peregrinación. Mosteiro de San Martiño Pinario. Santiago de Compostela, do 7 abril ao 23 maio 2004.
Clasificación Razonada Dende moi antigo utilizábanse diferentes tipos de botes non fooi o seu uso exclusivo dos boticarios senon tamén dos ciruxanos, especieros ou barbeiros. O nome de albarelo, non aceptado nas linguas castelá nin galega, é un termo italiano procedente do iraní al-baraní , vaso de drogas. Os botes de farmacai están esmaltados en branco no seu interior para evita-la evaporación do seu contido. Neles gardábanse preparados semisólidos como bálsamos, ungüentos ou electuarios. Os botes destas épocas pechábanse con peles curtidas, lenzos de liño ou cáñamo ou con papel pergameo.

A actividade do Hospital Real de Santiago de Compostela, fundado en 1499, parece centralizar a actividade asistencial da cidade, probada documentalmente desde o século XI. En 1511 sábese que toma posesión o primeiro boticario do Hospital Real, Gaspar de Briviesca, ocupando un posto de gran importancia dentro da organización da institución real, razón pola que se recolle nas súas constitucións o feito de que debe tratarse de "cristián limpo, experto e persoa de conciencia",tal e como se recolle nas constitucións de Carlos V de 1524.
Rafael Sisto indica que pezas deste tipo figuraban no inventario realizado o 14 de xuño de 1700. A mediados do XVIII o Hospital mercaría louza aos alfares de Sevilla, diferenciándose dos anteriores pola orla vexetal que decora a parte superior.
Bibliografía CONDE ROA, Juan. Albarelo del antiguo Hospital Real. Santiago, Camino de Europa: culto y cultura en la peregrinación a Compostela, edición a cargo de Serafín Moralejo y Fernando López Alsina. Santiago de Compostela: Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, 1993. p. 306.

SISTO EDREIRA, Rafael. Albarelo. Luces de Peregrinación: [exposición] Museo Arqueológico Nacional Madrid, 19 decembro 2003 - 14 marzo 2004. Museo Diocesano, Mosteiro de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela, 7 abril - 23 maio 2004, coordinada por Marcelina Calvo Domínguez, Carmo Iglesias Díaz y Juan Navarro. Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2003. pp. 294-295.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 03/04/2002
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6