Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE000001
Clasificación Genérica Escultura
Objeto/Documento Cruceiro
Título Humilladoiro de San Francisco
Materia/Soporte Granito
Técnica Labrado
Dimensiones Anchura = 20 cm; Altura = 142 cm
Descripción Fuste de cruceiro de sección circular ornado na súa parte baixa polas figuras de Adán e Eva no momento posterior a sucumbir á tentación da serpe que, sentíndose triunfadora, contempla a escena enroscada no tronco da árbore da "ciencia do ben e o mal"; toda a escena está tratada cunha certa inxenuidade que a fai próxima e recoñecible. Na parte superior, catro anxos de corpo enteiro e de factura máis naturalista, circundan o fuste apoiados en senllas peañas, representando o gusto galego pola anxolatría (reverso: Gabriel coa cartela e Rafael co libro; anverso: dous anxos, No anverso, dous anxos, ataviados con dalmática, un con cartela, podería ser Uriel o outro no momento da Psicostasis, identificado como San Miguel loitando co demo, xa que o fiel da balanza que serve para pesar as boas e malas accións dos homes antes de levar a súa alma perante Deus, prolóngase facendo unha cruz que crava na boca do dragón que ten aos seus pés. Visten unha dobre túnica de pregues tubulares e de caída vertical, e portan nas súas mans filacterias, e a cruz e a balanza, símbolos precursores do triunfo do sacrificio da cruz sobre o pecado e a morte. Por riba das súas cabezas, e rematando a árbore do cruceiro, unha fermosa fronda serviría de base para soster un crucificado e unha imaxe da Virxe co Neno, tal e como aparecen nun debuxo do século XVIII que se conserva neste Museo, xa que o que se ten hoxe en día, cremos que non é o orixinal. No Museo, ademais deste fragmento, consérvase parte dun dos piares que sostiñan o tellado que cubría o cruceiro, e que contén unha inscrición co nome do dedicante e a data da súa construción.
Iconografia Reverso. Cruz: Virxe co Neno;
Anverso. Cruz: Crucificado;
Anverso. Parte inferior do varal: O pecado orixinal;
Adán e Eva, arrepentidos, descobren o pudor, e tratan de tapar a nudez coas mans e follas. Eva colle a mazá, e Adán bota a man á gorxa que inxire o froito prohibido.
Inscripciones/Leyendas ESTA: CAPELA. MADOU: FACER: GO: PS: DE: RE: QXO: A HORA: DE: DES: E: DELOS: SOS: AGLS: E: LABROSE: ANO: DE: M: CCCC: LX: ANOS (ESTA: CAPELA. MA(n)DOU: FACER:
G(onzal)O: P(ere)S: DE: RE: Q(uei)XO: A
HO(n)RA: DE: DE(u)S: E: DELOS: S(ant)OS:
A(n)G(e)L(e)S: E: LABROSE: AN(n)O: DE: M:
CCCC: LX: AN(n)OS
ESTA: CAPELA: MANDOU: FACER: GONZALO: PERES/ DE: REQUEIXO: A HONRA: DE: DEUS: E: DE: LOS:/ SANCTOS: ANGELES: E: LABROSE: ANO: DE: M: CCC: LX ANOS)
Datación 1460
Contexto Cultural/Estilo Gótico
Renacemento
Uso/función Cultural
Lugar de Procedencia Ourense (l)
Lugar Específico/Yacimiento Convento de San Francisco
Clasificación Razonada A cronoloxía reflectida na inscrición é do ano 1460. Sen embargo, Dolores Fraga Sampedro sitúa o cruceiro a mediados do século XIV, tras unha exhaustiva análise que a leva a pólo en relación co templete do Padrâo de Salado de Guimarâes (Portugal), obra de 1369 e quizais ambos labrados polo mesmo obradoiro, xa que a tipoloxía do cruceiro, iconografía e disposición das figuras son moi semellantes. Polo tanto a inscrición aludiría a data de elevación do templete que cubriría o cruceiro dándolle aparencia de capela. Ademais, como era habitual, só nos fala do nome do dedicante que financia a obra, pero nada sobre o mestre canteiro que labrou o duro granito. Tampouco hai ningún motivo heráldico, o que manifesta a relación coa piedade popular, estimulado polo clero.
Bibliografía Crónica del Museo. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense. 03/1898, nº1. p. 14; ...Columna del Humilladero de San Francisco de Orense Regalo del Excmo.Ayuntamiento de Orense...; I. nº 1

BLANCO GUERRA, M. Cruceiros orensanos desparecidos. La Región. Ourense (l): 06/12/1976.

CALONGE, D. Los tres conventos de San Francisco de Orense. 1949. p. 192; Oseira.

FARIÑA BUSTO, F. El Museo Provincial de Orense. 1978. pp. 82-104; Orense, II, Diputación Provincial.

FERRO COUSELO, J. Crónica del Museo. Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense. Ourense (l): 1950-1951, VI. pp. 126-127.

FERRO COUSELO, J. Guía abreviada del Museo. Boletín Auriense. Ourense (l): 1974, IV. pp. 199-237.

FRAGA SAMPEDRO, D. San Francisco de Ourense. Análisis histórico-artístico de la iglesia y convento. Ourense (l): Grupo Marcelo Macías. Museo Arqueolóxico Provincial, 2002. pp. 184-185; Boletín Auriense, Anexo 28.

GALLEGO DOMÍNGUEZ, O. A cidade de Ourense. Unha visión a través dos séculos. Ourense (l): Grupo Marcelo Macías. Museo Arqueolóxico Provincial, 2001. p. 206; Boletín Auriense, Anexo 27.

HERVELLA VÁZQUEZ, J. A. El humilladorio de San Francisco. La Región. Ourense (l): 04/06/1989.

INIESTA, A. Orense, una ciudad que se remoza. La Región. Ourense (l): 10/09/1971.

NÚÑEZ SÁNCHEZ, Mª del P.. Fuste de San Francisco. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 04/2004. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2004_04_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.

VÁZQUEZ NÚÑEZ, A. Iglesia y convento de San Francisco de Orense. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense. 1898, p. 170; I, nº 9.

VV.AA.. Unha escolma de escultura. 2006. pp. 139-141; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Xunta de Galicia, Ourense.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 21/05/1897
Catalogación Núñez Sánchez, María del Pilar
Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6