Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-183
|
Clasificación Genérica |
Ephemera; Documentos e publicacións; Obxectos devocionais
|
Objeto/Documento |
Estampa
|
Nombre Específico |
Estampa relixiosa
|
Autor/a |
Taller de; Imprenta de Antonio Aldemunde [Encargada de la impresión de este tipo de impresos ata 1727
Os datos contidos nesta ficha baseánse no informe previo á adquisición, feito por Yolanda Barriocanal López.] Prancha do gravado: Posible autoría; Guitián Seijo, José [O Cabido encargaríalle ao prateiro Juan de Guitián unha prancha coa representación de Santiago para a ilustración do Ivbileo de 1675 e parece ser que sería a mesma utilizada ata finais do século XVIII.]
|
Título |
Ivbileo Pleníssimo de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia del Señor Santiago de Galicia Vnico y Singular Patron, Tutelar y Protector de España, por todo el año presente de 1717
|
Materia/Soporte |
Papel
|
Técnica |
Gravado Impresión Xilografía
|
Dimensiones |
Profundidade = 4 cm; Altura = 44 cm; Anchura = 56 cm
|
Descripción |
Estampa con tres gravados:
A) Orla xilográfica como marco ornamental a partir de catro tacos con mans bendicindo y cruces patadas.
B) Na cabeceira, estampa calcográfica coa imaxe de Santiago a cabalo con roupa de peregrino, espada na súa man dereita e estandarte na esquerda, este coas armas e símbolos do Cabido compostelán. Aos pés do cabalo, dous personaxes coas armas e turbantes islámicos. Ao fondo da imaxe, dous exércitos, á esquerda, o cristián co estandarte coroado pola cruz; á dereita, fuxindo, o islámico, co estandarte coa media lúa. A ambos os dous lados desta imaxe aparece o texto en letras capitais coa inscrición que da o título ó impreso (v. Inscricións).
C) O texto xeral, aparece debaixo da imaxe iniciado por a letra "A" entre roleos vexetais; é feita por xilografía a febra.
A iconografía da imaxe da cabeceira é a de Santiago na batalla de Clavixo na que destaca o estandarte coas armas do Cabido. A elección deste tema non é fortuíta xa que é un documento que ten relación co padroado do Apóstolo e por iso elíxese a imaxe de Santiago triunfante e non a de Santiago peregrino máis acorde cos documentos maía relacionados coa peregrinación. Aínda que non é segura a súa atribución, podería corresponder a execución da prancha ao prateiro compostelán Juan de Guitián e parece ser que en 1675 o cóengo fabriqueiro da catedral de Santiago libra un pagamento por abrir a efixie do Apóstolo nunha lámina para a impresión dos Xubileos do Ano Santo. A prancha orixinal procede do material da imprenta de Antonio Fraiz Piñeiro, usada no ano 1679 na ilustración do impreso: «El arzobispo, Deán y Cabildo de la Santa, Metropolitana, Apostólica Iglesia de el gloriosos Apóstol Santiago... ponen en su soberana consideración el grave desconsuelo, que les ha motivado el contenido de el orden de su Mag. en su Real Carta de 29 de Nov. del años pasado de 1678», por la que se declaraba a San Xosé patrón de España.
A impresión do prego débese á imprenta de Antonio de Aldemunde, encargada da execución destes impresos dende comezos do século XVIII ata 1727, data na que morre. O gravado utilizarase en varias ocasións polos seus herdeiros ata finais do século XVIII. O Feito que se debe á carencia de medios dos impresores compostelás e á vontade de renovación dos materiais avellentados que se empregan repetidamente en obras de distinto contido. Deste xeito aparece en 1708 como portada ao «Discurso Moral» de José Francisco Bermúdez de Mandiáa ( Antonio de Aldemunde, 1708). No ano 1790, o impresor Sebastián Montero Fraiz emprega dita prancha para decorar o Xubileo dese ano.
Aínda que a estampa non ten un valor artístico ou creativo alto, si é importante a súa función utilitaria para validar a finalidade do documento, ao ser obra destinada ao gran público e á expansión do culto xacobeo. O seu aire artesanal, no que prima a inxenuidade e expresividade, é de obrigada referencia para o estudo da iconografía ecuestre de Santiago.
|
Iconografia |
Santiago na Batalla de Clavixo; Santiago Matamouros
|
Inscripciones/Leyendas |
Cabeceira, Castelán Ivubileo Pleníssimo de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia del Señor Santiago de Galicia Vnico, y Singular Patrón, Tutelar, y Protector de España, por todo el año presente de 1717
|
Datación |
1717
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Moderna
|
Lugar de Producción/Ceca |
Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
|
Uso/función |
Difundir a celebración do Ano Xubilar da Igrexa compostelá.
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIÓNS>: Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001 Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002. Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007.
|
Clasificación Razonada |
Estes un pregos do Xubileo da Igrexa de Santiago, con copia en castelán da Bula outorgada polo Papa Alexandre III, para confirmar as grazas, indulxencias concedidas por todos os pontífices antecesores, Calixto II, Uxío III e Anastasio IV, para que fosen anos santos todos aqueles nos que a festividade do Apóstolo se celebrase en domingo e consecuentemente se concedese a remisión plenaria de pecados ós peregrinos que fosen na festividade do Apóstolo. Os xubileos distribuénse a grande escala, sendo remitidos a todos os cabidos eclesiásticos e fixados nas portas prinicipais das catedrais para os facer chegar ao maior número de receptores.
|
Bibliografía |
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. El grabado compostelano del siglo XVIII. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1996. BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. La imagen multiplicada al servicio de la historia: usos del grabado en la sociedad gallega del barroco. Las Edades de la Mirada, coord. Mario Pedro Díaz Barrado. Cáceres: Universidad de Extremadura, 1996. pp. 109-116.. BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. Presencia de temas jacobeos en el grabado compostelano del siglo XVIII. Actas del Congreso de Estudios Jacobeos (1993. Santiago de Compostela). Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago, 1995. pp. 57-69.. FILGUEIRA VALVERDE, Xosé. La iconografía de Santiago y el grabado compostelano. Cuadernos de Estudios Gallegos, fasc. II (1944). pp. 185-202. LÓPEZ DE PRADO NISTAL, Covadonga. Seguimiento de un grabado flamenco de Santiago Matamoros en impresos relacionados con causas compostelanas. Actas del Congreso de Estudios Jacobeos, organizada por José Carro Otero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago,1995. pp. 495-501. LÓPEZ, Atanasio. La imprenta en Galicia: siglos XV-XVIII. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura e Benestar Social, 1987. .. PORTO RUZA, Ana. Ivbileo Pleníssimo de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia del Señor Santiago de Galicia Vnico y Singular Patron, Tutelar y Protector de España, por todo el año presente de 1717. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. II, p.p. 32-35 . SICART GIMÉNEZ, Ángel. La iconografía del Santiago ecuestre en la Edad Media. Compostellanum, XXVII, nº 1-2 (1982). pp. 11-32..
|
Forma de Ingreso |
Depósito por compra. Directa
|
Fecha de Ingreso |
30/11/1998
|
Catalogación |
Pérez, Bieito
|