Foto: Tino Viz

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-694.171/46
Clasificación Genérica Numismática; Obxectos de actividades económicas
Objeto/Documento Moeda
Nombre Específico Branca
Emisor/a Juan II de Castilla
Materia/Soporte Billón
Técnica Cuñaxe a martelo
Dimensiones Peso = 1,53 gr; Módulo = 22 mm
Características Técnicas Posición de cuños: 3 h
Descripción Anverso: + IOHANES: DEI: GRACI
Castelo de tres torres, dentro de orla de seis lóbulos adornada con ramos de tres follas; debaixo do castelo: cunco. Ó redor a lenda entre grafilas de puntos.
Reverso: + IOHANES: DEI: GRACI
León rampante á esquerda, dentro de orla de seis lóbulos adornada con ramos de tres follas. Ó redor a lenda entre grafilas de puntos.
Sabemos que en 1429 se empezaron a cuñar brancas en Burgos e Sevilla, ó parecer da mesma lei cás de Henrique III, e que en 1434 se denunciaba a aparición de brancas falsas, ou máis ben depreciadas, que puideron facerse con aprobación do goberno. En 1435 volvéronse labrar brancas e coroados, moi posiblemente de lei inferior á anterior, aínda que sen declaralo, o que provocou numerosas queixas, xa que nas Cortes de 1436 asegurábase que os recadadores de impostos pedían "a dous coroados por branca" en lugar do cambio oficial de a tres coroados por branca. Nun ordenamento de 1439 o rei recordaba que o valor de curso da branca era de medio marabedí e ordenaba a posta fóra da circulación das brancas falsas ou de peor calidade, "la qual no fue fecha por mi mandado", indicando que só se aceptase a "boa moeda" de brancas emitidas por Henrique III ou por el mesmo. En 1442 o rei recoñeceu que labrara brancas de peor lei e menor talla nos últimos anos debido ás "necesidades" da guerra de Granada, e ordenaba que se retirasen e fundisen estas "brancas novas" nun prazo de seis meses e que co metal se cuñasen novas pezas coa calidade das "brancas vellas", algo que ó final non se fixo por presión dos procuradores de Cortes, que conseguiron que o rei aceptase non volver labrar moeda de billón sen o seu consentimento, e ó mesmo tempo recoñecer un valor distinto a cada unha das brancas: as "vellas" manterían o seu tradicional valor de medio marabedí, mentres as "novas" só se cambiarían a un terzo de marabedí. Pero o mercado non aceptaba estas componendas e as brancas vellas practicamente desapareceron, mentres as novas tendían ó valor de curso de dúas por marabedí, o cal levou á inflación dos prezos expresados en brancas e a un aumento da falsificación; incluso parece que ó final do reinado houbo novas cuñaxes de brancas aínda máis depreciadas, que poderían ser as chamadas "sevillanas" ou de "rabo de galo". A crise do billón seguía presente e cada vez máis agudizada.
Datación 1406[ca]-1454 (Posterior a 1429)
Contexto Cultural/Estilo Baixa Idade Media
Lugar de Producción/Ceca Cuenca (m) (Serranía Media de Cuenca (comarca), Cuenca)
Uso/función Unidade de conta, medida de valor e medio de pagamento
Lugar de Procedencia Silleda (Deza (comarca))
Lugar Específico/Yacimiento Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro
Clasificación Razonada ÁLVAREZ BURGOS, n.º 627. CAYÓN (2005), p. 283.
Bibliografía Bonilla Rodríguez, Andrés. Trabajos arqueológicos en el monasterio e iglesia de S. Lorenzo de Carboeiro (Silleda, Pontevedra). Campaña de 1991: resumen de trabajos y hallazgos realizados. Brigantium. 2000, 253-254.

FRANCISCO OLMOS, José María de; NOVOA PORTELA, Feliciano. Catálogo de numismática do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2009. p. 152, nº 236.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 02/04/2004
Catalogación Gigirey Liste, Esperanza
| más imágenes |

Foto: Tino Viz

Foto: Tino Viz

Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6