Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
208
|
Clasificación Genérica |
Instrumentos de música cerimonial e ritual comúns; Cordófonos
|
Objeto/Documento |
Fídula
|
Nombre Específico |
Fídula oval
|
Autor/a |
Fernández, Miguel Ángel Luengo Fernández, Francisco
|
Conjunto |
Instrumentos do Pórtico da Gloria. 7 reproducións
|
Materia/Soporte |
Madeira de bidueiro Cordas de violín, viola, violoncelo e piano: Tripa Caravilla: Madeira de buxo
|
Técnica |
Talla
|
Dimensiones |
Altura = 56 cm; Longo = 9,50 cm; Anchura = 18 cm
|
Descripción |
Reproducción - Fídula oval que reproduce o instrumento que porta o ancián número 24 (último da parte dereita do espectador) do Pórtico de la Gloria da catedral compostelá.
Dun bloque de abeto obtivéronse os aros, o caravilleiro e o mastro todo xunto. Acolaríanse posteriormente as tapas, lixeiramente arqueadas e talladas en cadansúa peza, abríndose na superior dous buratos harmónicos en forma de B colocando en medio a ponte curvada e solta que facilita a afinación. O mastro, curto e groso, máis estreito cara o caravilleiro, ofrece sección en V con perfís curvados. Sobre el colócase o diapasón que se prolonga sobre a caixa harmónica. O cordal, de forma trapezoidal concentra a decoración deste instrumento a base dunha cruz inscrita en círculo e un motivo en aspa realizado por trepanación. O caravilleiro, cordiforme, está oco polo reverso e nel acólanse as cordas coas caravillas de buxo. Conta con cinco cordas realizadas en tripa. Como acabado proporcionóuselle ao instrumento graxa de cabalo.
|
Iconografia |
Instrumento de música medieval; Cruz
|
Datación |
1983
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea
|
Lugar de Producción/Ceca |
Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
|
Uso/función |
Instrumento musical.
|
Lugar de Procedencia |
Santiago de Compostela
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIONS>: -Exposición Vlll centenario do Pórtico de la Gloria". Catedral de Santiago de Compostela, inaugurada o 16 de setembro de 1988. Simposio " Instrumentos medievales " organizado pola Universidad Itinerante no Museo das Peregrinaciones, 1989. - "Afonso IX e a súa época: Pro utilitate regni mei". Pazo Municipal de Exposicións, Kiosco Alfonso, A Coruña, do 15 de xullo de 2008 ao 30 de setembro de 2008.
Foi usada en concertos do Grupo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela
|
Clasificación Razonada |
A fídula (denominada tamén de forma xenérica viola) pertence á familia dos cordófonos de corda fretada e arco. Pode ofrecer distintas variantes segundo a configuración e o tamaño da caixa e das demais partes, así como o número de cordas (polo xeral tres ou cinco). Pola forma clasifícase en oval, rectangular, amendoada, en oito, con escotaduras...). Se ben a fídula e de por si o instrumento máis coñecido do románico, a de configuración oval supón a variante máis popular e difundida. Utilízase tanto para melodía como para acompañamento executando as partes graves da interpretación. Para tocala acostuma a apoiarse no ombreiro cando é aguda e nas pernas cando é baixo.
Este instrumento, xunto con outros que forman parte da colección do MDPS, e produto dun proxecto pioneiro desenvolvido neste museo en colaboración con Luttiers de Compostela (Miguel Ángel Fernández e Francisco Luengo) que contemplaba a reprodución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. Así, daríase forma ás primeiras reproducións en madeira dos referidos instrumentos que servirían de fundamento teórico-práctico para os posteriores proxectos iniciados a raíz da celebración do oitavo centenario do Pórtico e que contarían co patrocinio axeitado e acadarían unha gran repercusión.
|
Bibliografía |
LUENGO, Francisco. Comentario sobre la reconstrucción de las fídulas del Pórtico de la Gloria. A Coruña: 1993. Los instrumentos del Pórtico de la Gloria: su reconstrucción y la música de su tiempo, coordinación José López-Calo. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1993. pp. 211-238. PÉREZ OUTEIRIÑO, Bieito. Reproducción de fídula oval do Pórtico da Gloria. Alfonso IX e a súa época= y su época: Pro utilitate regni mei: [exposición] , Pazo Municipal de Exposicións Kiosco Alfonso, do 15 de xullo ao 7 de setembro de 2008, coordinación, L. Jaime Oíza Galán, María de la O Suárez Rodríguez. A Coruña: Concello da Coruña, 2008. pp. 401-403.
|
Forma de Ingreso |
Asignación por doazón
|
Fecha de Ingreso |
30/12/1983
|
Catalogación |
Pérez Outeiriño, Bieito
|