Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-1276
|
Clasificación Genérica |
Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
|
Objeto/Documento |
Icona
|
Tipología/Estado |
De culto
|
Autor/a |
Anónimo
|
Título |
Menoloxio anual
|
Conjunto |
Colección de iconas rusas
|
Materia/Soporte |
Soporte: Madeira Marrón Elementos sustentados: Témpera [Cores: verde, branco, vermello, azul, roxo e ocre] Ouro Dourado Preparación
|
Técnica |
Pintura a man alzada Dourado Pintura á témpera
|
Dimensiones |
Icona: Profundidade = 3,20 cm; Altura = 52,80 cm; Anchura = 43,80 cm
|
Descripción |
Icona rectangular cun marco pintado en cor verde cun filete branco e vermello por fóra, e só vermello por dentro.
A composición estructúrase seguindo o seguinte esquema: unha escena central bordeada por unha orla pintada en vermello, e ao redor 12 grupos de persoas e escenas separadas unhas das outras por una cuadrícula de bandas douradas. Na escena central pódense ver varias cousas. Na parte superior aparece Xesús saíndo do sartego. Abaixo á dereita, un anxo, e á esquerda dous homes dentro dunha cova. Máis á esquerda aparece un santo apoiado sobre un sartego dentro dunha cova. Rodeando a Xesús hai anxos e santos e na parte superior dereita tres santos, un deles medio espido, que están coma nunha muralla que ten lume enriba dela. Seguindo a muralla, hai unha torre que ten un querubín vermello na parte superior e dentro un home vestido só cun pano de pureza curto, rodeado dunhas rosas vermellas. Este home fala cun anxo. Deste anxo parte unha comitiva de santos que enlazan a parte superior da escena coa parte inferior, onde se ve a Xesús en pé sobre os restos do sartego. Xesús está con mandorla ao redor e dálle a man ao santo vestido de verde que está á esquerda, dentro dun cadaleito. Á dereita, tres mulleres, unha delas dentro dun cadaleito e cun pano na man (a que está detrás leva un libro). Sobre o marco verde hai unha serie de inscricións a man alazada.
|
Iconografia |
Icona: Resurrección de Cristo; Menoloxio
|
Inscripciones/Leyendas |
Cara anterior, sobre o marco, Pintado a man alzada (1800[ca]-1899[ca])
|
Datación |
1800-1899 (S. XIX)
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea
|
Lugar de Producción/Ceca |
Europa Central e Oriental (Europa)
|
Uso/función |
Devocional
|
Descriptores Geográficos |
Europa Central e Oriental
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIÓNS>: "Iconas rusas. Presentación dunha colección"; programa de exposición temporais sede San Miguel, (do 16 de xuño de 2014 ao 30 de novembro de 2014). "A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca"; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
|
Clasificación Razonada |
As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións.
Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións esta icona é de iconostasio (141x107,6 cm). Estas iconas están destinadas a formaren parte do iconostasio que separa, nas igrexas ortodoxas, a parte pública daquel espazo accesible unicamente ao celebrante. Reproducen santos de gran devoción, santos patróns da zona así como as festas do calendario litúrxico ortodoxo.
|
Forma de Ingreso |
Depósito
|
Fecha de Ingreso |
28/10/2013
|
Catalogación |
Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
|