Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-1270
|
Clasificación Genérica |
Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
|
Objeto/Documento |
Icona
|
Tipología/Estado |
Doméstica
|
Autor/a |
Anónimo
|
Título |
Menoloxio do mes de decembro
|
Conjunto |
Colección de iconas rusas
|
Materia/Soporte |
Soporte: Madeira Marrón [Ten dúas travesas horizontais por detrás] Elementos sustentados: Ouro Dourado Témpera [Cores: vermello, branco, verde, azul e marrón] Estuco Verniz
|
Técnica |
Pintura a man alzada Dourado Pintura á témpera Vernizado
|
Dimensiones |
Icona: Profundidade = 2,60 cm; Altura = 31 cm; Anchura = 27,20 cm
|
Descripción |
A icona divídese en catro niveis.
No primeiro hai un grupo de doce santos e santas e ao carón unha parella abrázase ante unha arquitectura vermella. Nesta hai dúas personaxes e ao final dous santos. No medio deles, unha torre cun terceiro santo subido enriba. No segundo nivel hai doce santos. Tres deles son de pequeno tamaño e están sobre un edificio vermello. Detrás hai un anxo e no primeiro termo hai unha personaxe vestida de verde e de tamaño pequeno á esquerda, e á dereita outra vestida de verrmello e recostada no chan. Na derradeira escena hai sete santos en pé, tres deles con coroa e outro sentado nun trono nun segundo plano. Na terceira fila, comezando pola esquerda, pódense ver catro santos e unha santa, e de seguido un santo vestido coma bispo metido nun sartego. A tapa deste sartego tena suxeita un home, mentres miran varias persoas. Ao fondo, unha arquitectura, e baixo o arco unha persoa. A continuación, sete santos e santas. Finalizando este nivel, unha escena complexa: na parte esquerda, abaixo, un home en pé vestido de verde fala cun santo tamén vestido de verde que está sentado no chan; á dereita, unha muller sentada no chan de costas ao santo anterior e unha persoa que se inclina cara ela; na parte de arriba, unha muller no centro, tres homes á esquerda e un á dereita de costas; arriba, unha cova cun morto con sudario e á esquerda dous anxos. No derradeiro nivel aparece a Virxe co Neno sentada nun trono, tres personaxes á esquerda e dous anxos arriba. Debaixo da Virxe hai cinco santos de pé, e á dereita e á esquerda dúas figuras metidas en covas . A continuación, unha imaxe de dous santos. No centro, unha arquitectura cun santo dentro e outros ao redor. Despois, un grupo numeroso de santos de pequeno tamaño con trompetas. Finalmente, catros santos e santas.
|
Iconografia |
Icona: Menoloxio; Virxe co Neno
|
Inscripciones/Leyendas |
Cara amteior, sobre os diferentes niveis e na arca, Pintado a man alzada (1800[ca]-1899[ca])
|
Datación |
1800-1899 (S. XIX)
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea
|
Lugar de Producción/Ceca |
Europa Central e Oriental (Europa)
|
Uso/función |
Devocional
|
Descriptores Geográficos |
Europa Central e Oriental
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIÓNS>: "Iconas rusas. Presentación dunha colección"; programa de exposición temporais sede San Miguel, ( do 16 de xuño de 2014 ao 30 de novembro de 2014). "A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca"; programa de exposicións temporais sede Praterías, ( do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
|
Clasificación Razonada |
As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións, posiblemente esta icona sexa doméstica. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.)
|
Forma de Ingreso |
Depósito
|
Fecha de Ingreso |
28/10/2013
|
Catalogación |
Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
|