Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-1272
|
Clasificación Genérica |
Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
|
Objeto/Documento |
Icona
|
Tipología/Estado |
Doméstica
|
Autor/a |
Anónimo
|
Título |
Menoloxio do mes de marzo
|
Conjunto |
Colección de iconas rusas
|
Materia/Soporte |
Soporte: Madeira Marrón [Ten dúas travesas horizontais por detrás] Elementos sustentados: Ouro Dourado Témpera [Cores: vermello, azul, verde, branco, amarelo e marrón] Verniz
|
Técnica |
Pintura a man alzada Dourado Imprimación Pintura á témpera Vernizado
|
Dimensiones |
Icona: Profundidade = 2,40 cm; Altura = 26,80 cm; Anchura = 22,30 cm
|
Descripción |
Icona rectangular.
Ten unha orla con motivos xeométricos entallados na preparación dourada, con cores verde, branca, vermella e azul escura. A icona está dividida en catro niveis con escenas bíblicas e santos asociados ao mes, enriba das cales están os nomes. Hai tres escenas que son especialmente importantes para identificar esta icona. A primeira delas está na segunda fila, na zona central. Nela aparecen varios homes espidos de cintura para arriba, no que parece ser un lago ou un río. Trátase de varios mártires: os santos mártires bispos de Cherson, Ephrem e os seus compañeiros (7 de marzo ); Teophilacto, arcebispo de Nicomedia (8 de marzo ); os corenta mártires de Sebastea, en Armenia, etc. As outras dúas están na última das filas. Na primeira podemos ver a Anunciación da Virxe María (25 de marzo ), co arcanxo Gabriel á esquerda e María á dereita. Na outra, xusto a continuación da anterior, represéntase a conmemoración do arcanxo san Gabriel (26 de marzo ). Ademais, pode lerse bastante ben que despois desta escena quen aparece é Matrona de Tesalónica (27 de marzo ). En outras iconas da menoloxía de marzo adoita aparecer a Resurrección. Non obstante, como esta é unha data móbil, pode caer noutros meses.
|
Iconografia |
Icona: Menoloxio; Anunciación da Virxe; Virxe co Neno; Arcanxo San Gabriel
|
Inscripciones/Leyendas |
Cara anterior, parte superior, Pintado a man alzada (1800[ca]-1899[ca]) Cara anterior, sobre as escenas e os santos, Pintado a man alzada (1800[ca]-1899[ca])
|
Datación |
1800-1899 (S. XIX)
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea
|
Lugar de Producción/Ceca |
Europa Central e Oriental (Europa)
|
Uso/función |
Devocional
|
Descriptores Geográficos |
Europa Central e Oriental
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIÓNS>: "Iconas rusas. Presentación dunha colección"; programa de exposición temporais sede San Miguel, ( do 16 de xuño de 2014 ao 30 de novembro de 2014). "A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca"; programa de exposicións temporais sede Praterías, ( do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
|
Clasificación Razonada |
As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións.
Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións, posiblemente esta icona sexa doméstica. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.)
|
Forma de Ingreso |
Depósito
|
Fecha de Ingreso |
28/10/2013
|
Catalogación |
Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
|