Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-1275
|
Clasificación Genérica |
Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
|
Objeto/Documento |
Icona
|
Tipología/Estado |
Doméstica
|
Autor/a |
Anónimo
|
Título |
Menoloxio do mes de agosto
|
Conjunto |
Colección de iconas rusas
|
Materia/Soporte |
Soporte: Madeira Marrón escuro [Ten dúas travesas horizontais por detrás] Elementos sustentados: Ouro Dourado Témpera [Cores: azul, vermello, marrón, verde, roxo e negro] Preparación
|
Técnica |
Pintura a man alzada Dourado Pintura á témpera
|
Dimensiones |
Icona: Profundidade = 2,80 cm; Altura = 35,50 cm; Anchura = 30,30 cm
|
Descripción |
Icona rectangular que ten na parte superior e inferior unha orla de motivos xeométricos en cores azul claro, azul escuro e vermello. Nos laterais hai seis advocacións da Virxe en cada lado. Debaixo delas, un cartel co seu nome e aos lados da cabeza abreviaturas debuxadas a man alzada en cor vermella.
O campo central está dividido en catro niveis con santos e varias escenas. No nivel superior, en primeiro lugar, temos un anxo que leva na man algo que podería ser unha lanza de cor branca. Diante del hai un pozo e no primeiro plano catro homes sentados no chan. Na seguinte escena aparecen varias cousas. En primeiro lugar, un santo e unha santa con outros santos pequenos diante, que van vestidos de branco con zapatos vermellos. A continuación, un santo que leva un botafumeiro a carón doutro, só tapado cun pano de pureza branco. Seguidamente, catro monxes, uns santos pequenos vestidos de branco con zapatos vermellos (só se ve un par de zapatos), todos xuntos dentro dunha cova, e outro santo vestido con túnica vermella e manto azul. A derradeira escenaa é a da Transfiguración, con Xesús vestido de branco entre Moisés e Elías e debaixo Pedro, Santiago e Xoán durmindo. No seguinte nivel hai nove santos, algúns con libros, outros con espadas e outros con botafumeiros. A esta escena séguelle outra coa Koimese, na que a Virxe morta está rodeada de santos. Aparece Xesús no segundo plano, levando nos brazos a alma da súa nai (un meniño) e flanqueado por dous santos. Ao final, un santo leva nas mans o sudario coa face de Cristo. No terceiro nivel hai doce santos. O derradeiro estrato componse de catro escenas. Na primeira escena hai seis santos. Na segunda, un santo e detrás del un home cunha espada que parece que lle vai cortar a cabeza. Na terceira, un grupo de santos. Finalmente, na última aparece un pope que está a ler un libro en presenza doutros homes e ante unha icona da Virxe coroada co Neno.
|
Iconografia |
Icona: Menoloxio; Santiago Apóstolo; Santo Sudario; Moisés; San Pedro; Transfiguración; Advocacións da Virxe; Elías; Dormición ou Koimese
|
Inscripciones/Leyendas |
Cara anterior, parte superior, cartelas sobre as imaxes da Virxe e sobre as escenas, Pintado a man alzada (1800[ca]-1899[ca])
|
Datación |
1800-1899 (S. XIX)
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea
|
Lugar de Producción/Ceca |
Estonia (Europa do Norte, Europa)
|
Uso/función |
Devocional
|
Descriptores Geográficos |
Europa Central e Oriental
|
Lugar de Procedencia |
Estonia
|
Lugar Específico/Yacimiento |
Tallin
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIÓNS>: Iconas rusas. Presentación dunha colección; programa de exposición temporais sede San Miguel, ( do 16 de xuño de 2014 ao 30 de novembro de 2014). A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, ( do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
|
Clasificación Razonada |
As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións, posiblemente esta icona sexa doméstica. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.)
|
Forma de Ingreso |
Depósito
|
Fecha de Ingreso |
28/10/2013
|
Catalogación |
Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
|