Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-1273
|
Clasificación Genérica |
Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
|
Objeto/Documento |
Icona
|
Tipología/Estado |
Doméstica
|
Autor/a |
Anónimo
|
Título |
Menoloxio do mes de xullo
|
Conjunto |
Colección de iconas rusas
|
Materia/Soporte |
Soporte: Madeira Marrón escuro Elementos sustentados: Ouro Dourado Témpera [Cores: verde, vermello, branco, azul escuro, azul claro e roxo] Verniz Estuco
|
Técnica |
Pintura a man alzada Dourado Pintura á témpera Estucado Vernizado
|
Dimensiones |
Icona: Profundidade = 2,70 cm; Altura = 30,30 cm; Anchura = 25,30 cm
|
Descripción |
Icona rectangular cunha orla ao redor de motivos xeométricos incisos na preparación, e en cores dourada, azul claro, vermello, verdes claro e máis escuro, e branca.
A icona divídese en catro niveis. No nivel superior hai en primeiro lugar dous santos. A continuación, dúas personaxes de tamaño máis pequeno, con gorros brancos, ante unha mesa cun mantel branco e dentro dunha arquitectura con dúas fiestras, unha gran cúpula e unha cúpula máis pequena bulbosa. A continuación, nove santos. No segundo nivel hai doce santos e tres santas, unha delas coroada, e un neno no lado dereito. No seguinte nivel hai tres escenas seguidas nas que aparece un rei sentado no trono e diante del un santo bispo e un monxe. Na escena seguinte volve aparecer o rei no seu trono cun santo bispo e cun monxe, pero diante hai un sartego cunha muller morta. De seguido, o rei no seu trono, un santo vestido de bispo e dous monxes. Na seguinte, o rei no seu trono, un santo vestido de bispo e un home novo con túnica vermella. Na última escena deste nivel hai dous santos e unha santa. No derradeiro nivel temos quince santos e dúas santas.
|
Iconografia |
Icona: Menoloxio
|
Inscripciones/Leyendas |
Cara anterior, na parte superior e enriba de cada santo ou escena, Pintado a man alzada (1800[ca]-1850[ca])
|
Datación |
1800-1899 (S. XIX)
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea
|
Lugar de Producción/Ceca |
Rusia (Europa Central e Oriental, Europa)
|
Uso/función |
Devocional
|
Descriptores Geográficos |
Europa Central e Oriental
|
Lugar de Procedencia |
Estonia
|
Lugar Específico/Yacimiento |
Tallin
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIÓNS>: Iconas rusas. Presentación dunha colección; programa de exposición temporais sede San Miguel, ( do 16 de xuño de 2014 ao 30 de novembro de 2014). A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, ( do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
|
Clasificación Razonada |
As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións, posiblemente esta icona sexa doméstica. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.)
|
Forma de Ingreso |
Depósito
|
Fecha de Ingreso |
28/10/2013
|
Catalogación |
Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
|