Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario FD/D-13750
Clasificación Genérica Artes da imaxe
Objeto/Documento Fotografía
Autor/a Valcárcel Cabo, Manuel (Lugar de nacimiento: Monforte de Lemos (l), 1975) (Piro)
Título Monte Kailash
Conjunto Destino
Materia/Soporte Papel [Papel Canson Baryta Fiber Rag. 310
Enmarcado con passepartout blanco, cristal invisible proteccion UVA 70%. Moldura Maple.]
Técnica Positivado sobre papel [A cor]
Dimensiones Alto con marco = 47 cm; Ancho con marco = 64 cm
Descripción or un camiño que centra a imaxe, e lixeiramente curvado, camiñan catro persoas, unha delas muller -vestida con prendas típicas do Tíbet e apoiándose nun bastón-, en primeiro termo e camiñando cara ao fotógrafo. Rodeando o camiño abondan as pedras e escasea a vexetación. Á esquerda o monte Kailash con outras cumbres da cadea montañosa, de fondo o ceo azul sen nubes.
Iconografia Peregrinación
Datación 2018 [(Maio-xuño)]
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Descriptores Geográficos Tíbet
Clasificación Razonada O Monte Kailash é o fogar dos deuses nas relixións orientais, o lugar onde se atopan o ceo e a terra, un monte sacro que simboliza o obxectivo último do home no seu ascenso cara á sabedoría e polo tanto é un lugar de peregrinación tanto budista como para o hinduismo. O mellor momento para esta peregrinación é o "Saga dawa"/"Saka Dawa" (cuarto mes lunar) en tibetano e "Vesak" en cingalés, é unha viaxe de iluminación y espiritualidade na que os budistas oran pola larga vida dos seus gurús.
Para os budistas tibetanos é o fogar do Buda da Compaixón, do que se di que o Dalaï Lama é a reencarnación. Para os hindús, Kailash é o fogar de Shiva.
Dar a volta ao Monte Kailash outorga o perdón dos pecados e a purificación da alma.
Esta fotografía formou parte da exposición "Destino" (2/12/2021 a 8/05/2022) con fotografías de Manuel Valcárcel na que se mostraban imaxes de tres peregrinacións e de tres relixións en catro continentes e era o resultado da interacción das vivencias persoais do autor con varias persoas coas que cruzou a súa vida e o seu camiño, dando como resultado unha experiencia humana, cultural, persoal e espiritual que transcende as imaxes. Valcárcel é peregrino e a vez documentalista das peregrinacións e da súa propia vida, nun tránsito, un camiño individual no que empeñou catro anos, de 2018 a 2021.
Manuel resume a súa peregrinación persoal da seguinte maneira:
"tentei comprender a relación entre o ser humano, a natureza e o tempo. "Destino", trata de mostrar cinco peregrinacións, en catro países de catro continentes, utilizando a fotografía como ferramenta narrativa, distintas historias, unidas por un mesmo sino".
Manuel concibe esta imaxe cun senso pictórico moi claro, varios planos cun marco natural de fondo da fotografía, un enfoque clásico e axeitado ao que pretende transmitir. O ser humano queda minimizado en todo momento pola transcendencia e monumentalidade da montaña.
Forma de Ingreso Depósito por doazón
Catalogación Aneiros García, Roberto
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6