Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-161
|
Clasificación Genérica |
Pratería; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Obxectos devocionais; Cristianismo: obxectos rituais e cerimoniais
|
Objeto/Documento |
Cruz
|
Nombre Específico |
Cruz de guión
|
Autor/a |
Montes, Juan
|
Materia/Soporte |
Prata [Na súa cor]
|
Técnica |
Cicelado Fundición Gravado
|
Dimensiones |
Diámetro máximo = 9,50 cm; Altura = 43,50 cm; Anchura = 20,50 cm
|
Descripción |
Cruz latina de brazos rectilíneos e lisos decorados con liñas incisas perimetrais e dúas molduras saíntes nos extremos con follas e pera como remate (a do brazo superior perdeuse e a do dereito está incompleta). Susténtase sobre un canón cilíndrico con molduras lisas na base; un pé formado por dous corpos, semiesférico o inferior e convexo o superior, separados por un baquetón; e un toro con costelas aplicadas en C, onde se insire a cruz. Na decoración deste pé de factura barroca perduran elementos retardatarios como os esteos de carácter vexetal, espellos e gallos gravados a buril, e as costelas aplicadas que delimitan campos decorativos.
A representación figurada céntrase no cuadrón, que se resolve en forma de medallóns circulares. O do anverso presenta un relevo da Inmaculada Concepción sobre un resplandor que se debuxa no fondo. O do reverso mostra o apóstolo Santiago de pé sobre un pedestal en forma de vieira e cun fondo gravado de talos e follas. Represéntase co «habitus peregrinorum»: un vestido curto para non estorbar o xogo das pernas o os atributos do peregrino a Compostela, a esclavina, o longo do bordón provisto dun dobre pomo do que pendura a cabaza para a auga e o sombreiro de aba ancha levantada por diante.
|
Iconografia |
No anverso do cuadrón da cruz: Inmaculada Concepción; No reverso do cuadrón da cruz: Santiago Peregrino
|
Inscripciones/Leyendas |
Na base do cañón cilíndrico que sustenta a macolla, Gravado ao burel, Castelán AÑO DE 1671
|
Firmas/Marcas/Etiquetas |
Macolla, Punzón Montes, Juan (1671) MON / TES
|
Datación |
1671
|
Contexto Cultural/Estilo |
Barroco
|
Lugar de Producción/Ceca |
Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
|
Uso/función |
Relixioso. Para levar nas procesións xunto á cruz procesional.
|
Descriptores Geográficos |
Garabanxa
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIÓNS>:
- "Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001". Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002. "Luces de peregrinación". Museo Arqueolóxico Nacional, Madrid, do 23 de decembro de 2003 ao 14 de marzo de 2004. "Luces de peregrinación". Mosteiro de San Martiño Pinario. Santiago de Compostela, do 7 abril ao 23 maio 2004. "Santiago y la monarquía de España (1504-1788)" Colegio de Fonseca, Santiago de Compostela, do 2 de xullo ao 19 de septembro do 2004.
|
Clasificación Razonada |
A presenza nesta Cruz do apóstolo Santiago recórdanos que polo municipio de Oroso, do que procede a peza e, máis concretamente, pola parroquia de Santa María de Deixebre, transcorre o Camiño Inglés de peregrinación a Compostela.
No mosteiro bieito de San Paio de Antealtares de Santiago de Compostela consérvase unha cruz similar a esta, realizada por Xoán Nicolás do Monte en 1682 para a confraría da Nosa Señora da O, á que pertencían os xastres da cidade. Quizais sexa este o pai de Xoán Montes artífice da cruz que nos ocupa, tal como indica Fermín Bouza Brey. Os seus punzóns son semellantes, aínda que o de Xoán Montes engade un S ó apelido, tal vez para o distinguir do seu pai.
|
Bibliografía |
LARRIBA LEIRA, Mariel. Cruz de guión. Luces de Peregrinación: [exposición] Museo Arqueológico Nacional Madrid, 19 decembro 2003 - 14 marzo 2004. Museo Diocesano, Mosteiro de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela, 7 abril - 23 maio 2004, coordinada por Marcelina Calvo Domínguez, Carmo Iglesias Díaz y Juan Navarro. Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2003. pp. 280-281. LARRIBA LEIRA, Mariel. Cruz de guión. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 108-109. PESQUERA VAQUERO, María Isabel. Cruz de guión. Santiago y la monarquía de España (1504-1788) : [exposición] Colegio de Fonseca, Santiago de Compostela, 2 de julio-19 de septiembre de 2004, coordinado por Guiomar de Carlos Boutet. Madrid: Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, 2004. pp. 222-223
|
Forma de Ingreso |
Depósito por compra. Directa
|
Fecha de Ingreso |
25/09/1996
|
Catalogación |
Gigirey Liste, Esperanza
|