Museo |
Museo Arqueológico Provincial de Ourense
|
Inventario |
CE003156
|
Clasificación Genérica |
Pintura
|
Objeto/Documento |
Cadro
|
Autor/a |
Parada Justel, Ramón (Lugar de nacimiento: Esgos (l), 1871 - Lugar de defunción: Ourense (l), 13/05/1902)
|
Título |
O Ocaso
|
Materia/Soporte |
Lenzo
|
Técnica |
Óleo
|
Dimensiones |
Marco: Altura = 130 cm; Anchura = 170 cm Sen marco: Altura = 111 cm; Anchura = 150,50 cm
|
Descripción |
Representa a un personaxe real, unha anciá mendiga situada na porta sur da Catedral ourensá, como expoñente e alegoría do ocaso da vida. A figura engurruñada e mirrada da muller, de mirada torva, cara afiada e mans osudas, entumecidas polo frío, é claro reflexo de fame, vellez, soidade e, en definitiva, miseria e desamparo.
O bastón e o cántaro caídos, únicos e fieis acompañantes que tamén acusan o paso dos anos, contribúen a acentuar o efecto dramático da escena xunto a un acertado tratamento técnico e unha sobria paleta, con predominio de grises e azuis, conscientemente utilizada polo artista como trasmisora de sentimentos. Nesa penumbra xorde un pequeno e intenso foco de luz que resalta o branco pano que lle cobre a cabeza e ilumina o rostro e as mans como elementos máis expresivos da intencionalidade do cadro.
|
Firmas/Marcas/Etiquetas |
Sen asinar
|
Datación |
1900[ca]
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea [Pintura Galega. Xeración Doente]
|
Uso/función |
Decorativo
|
Historia del Objeto |
EXPOSICIÓNS:
1960. I Mostra Antolóxica da Pintura Galega. Organizada polo Círculo das Artes de Lugo. Ourense, Salón de Actos da Antiga Casa Sindical.
1979. Exposición Inaugural Ramón Parada Justel (1871-1902). Ourense, Sala de Exposicións da Delegación Provincial de Cultura.
1992. Parada Justel. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
1999. A mirada compracida e a mirada inqueda. Museo de Belas Artes de A Coruña.
|
Clasificación Razonada |
A obra, encadrable dentro da pintura de realismo social característica da época, forma parella coa titulada A Aurora, xunto á que constrúe unha composición argumentable como o inicio e a fin da vida. Seguramente foi concebida para presentar á Exposición Nacional de 1901, pois tanto o tema como a súa considerable dimensión e o tratamento formal encaixan perfectamente entre as obras de exposición.
Trátase dunha realización da etapa final da producción de Parada Justel na que incorpora avances de concepto e unha clara tendencia cara unha maior valoración dos efectos lumínicos, dentro da corrente xeral que se impuña na pintura española de cambio de século.
|
Bibliografía |
FARIÑA BUSTO, F. Exposición Inaugural Ramón Parada Justel (1871-1902). Ourense (l): Ministerio de Cultura, Delegación Provincial de Ourense, 1979. FERNÁNDEZ FUERTES, T. Temática social. En: VV.AA.. A mirada compracida e a mirada inqueda: a pintura finisecular entre a tradición e a modernidade. Coruña (A) (l): 1999. p. 150; Museo de Belas Artes de A Coruña. FERRO COUSELO, J. Crónica del Museo. Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense. Ourense (l): 1950-1951, VI. p. 131. LORENZO RUMBAO, B. Parada Justel. En: VV.AA.. Artistas Galegos. Pintores. Novecentos. Vigo (m): Nova Galicia Edicións, 1998. p. 357, lám. 267 (p. 278). LORENZO RUMBAO, B. Parada Justel. Xunta de Galicia, 1991. pp. 49 (il.), 62, cat. 83; Catálogo de Exposición.
|
Forma de Ingreso |
Doazón
|
Fecha de Ingreso |
26/04/1951
|
Catalogación |
Lorenzo Rumbao, Belén
|