Museo |
Museo Arqueológico Provincial de Ourense
|
Inventario |
CE004176/1
|
Clasificación Genérica |
Obxectos litúrxicos
|
Objeto/Documento |
Píxide
|
Materia/Soporte |
Cobre
|
Técnica |
Esmalte escavado
|
Dimensiones |
Altura = 7 cm; Diámetro = 6 cm
|
Descripción |
Trátase dun copón ou píxide realizada en cobre dourado - tanto a superficie exterior como a interior estiveron chapadas en ouro como se percibe en pequenas zonas - decorada con esmalte escavado ou "champlevé" en pasta opaca de cor azul e branca. A caixiña de forma cilíndrica na súa parte inferior ten unha tapadeira cónica que se supón noutrora rematada por unha cruz, que hoxe lle falta. A tapadeira está unida ao corpo por un gonzo e o peche realízase por medio dun pasador que encaixa en dous tocóns furados. O seu esquema decorativo estrutúrase en catro medallóns, dispostos dous a dous no corpo inferior e dous na parte da tapadeira. Cada un deles presenta no seu interior o anagrama IHS, cunha pequena cruz de brazos iguais aos pés, coroado por un signo parecido á unha omega. Obedece a unha tipoloxía moi común como o demostra a gran cantidade de pezas que se conservan en distintos museos e, ata o concilio Vaticano II, en non poucas igrexas rurais.
|
Datación |
1276=1300
|
Contexto Cultural/Estilo |
Baixa Idade Media
|
Lugar de Producción/Ceca |
Limoges (Francia, Europa)
|
Lugar de Procedencia |
Ouvigo
|
Clasificación Razonada |
As súas características formais e iconográficas coinciden cos programas e repertorios utilizados polos talleres de Limoges activos nun momento avanzado do seu período industrial. Estes talleres levarán a cabo multitude de exemplares de calidade desigual que se comercializarán por todo o occidente europeo, sobre todo polo, nesta época, transitado camiño de Santiago.
|
Bibliografía |
GALLEGO LORENZO, J. Documentación sobre cuatro apliques y una píxide de Limoges en el Museo Arqueológico Provincial de Ourense. Boletín Auriense. Ourense (l): 2005, XXXV.p. 187, fig. 5. Rodríguez Colmenero, A. Excavaciones Arqueológicas en Ouvigo, Os Blancos, Ourense. Campañas 1977-1981. Noticiario Arqueológico Hispánico. 1985, 24. p. 268. lám VII. VEIGA ROMERO, A. M. Píxide de Ouvigo. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 09/2003. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2003_09_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017. VV.AA.. Unha escolma de escultura. 2006. p. 132-134; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Xunta de Galicia, Ourense.
|
Catalogación |
Veiga Romero, Ana María
|