Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1456.235/118
Clasificación Genérica Obxectos de equipamento doméstico: alimentación
Objeto/Documento Prato
Autor/a Fábrica de Louza de San Claudio
Materia/Soporte Louza
Técnica Torno
Cocción oxidante
Esmaltado
Pintado
Bizcochado
Dimensiones Altura = 8,90 cm; Longo = 9,50 cm; Grosor = 0,90 cm
Descripción Fragmento de base de prato producida na fabrica de louza "San Claudio". Presenta base plana con dobre repregue anular. Ambas superficies presentan esmaltado de cor branca. Na superficie exterior da base pode observarse o selo da fábrica, en azul, que representa unha bandeira cunha letra "F" e a palabra "Oviedo" que nos leva a situar a súa orixe na fábrica de San Claudio, emprazada na capital do Principado. Pasta branca, caolinítica, ben decantada.
Firmas/Marcas/Etiquetas Superficie exterior base., Impresión, Castelán, Maiúsculas
Oviedo ( Oviedo )
Datación 1500-1950
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Oviedo ( Oviedo (comarca), Principado de Asturias)
Uso/función Vaixela. Servizo de mesa.
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Avenida de Raxoi, nº 4 -5
Clasificación Razonada Fragmento de base de prato, elaborada na fabrica de louza "San Claudio". Na súa base pode observarse o selo da fábrica, estampado en azul, que representa unha bandeira cunha letra "F" e a palabra "Oviedo" o que nos leva a situar a súa orixe na fábrica de San Claudio de Oviedo. Trátase do selo nº6, sendo un dos mais característicos da produción de posguerra, cun período de uso entre 1938-1942 (Buelga Buelga, 1994: 78-79). A peza D-1456.235/118 pertence ás series lisas, sendo estas predominantes fronte as decoradas (Buelga Buelga, 1994: 31).
Deste xeito, o selo sitúa esta peza no segundo período de produción da louza de San Claudio que abarca o período comprendido entre 1938 - 1950, marcado pola reconstrución da factoría tras a Guerra Civil. Presenta dúas fases diferenciadas, a primeira de normalización, marcada pola escaseza; e unha segunda de crecemento mais benévola (Buelga Buelga, 1994: 51).
A fábrica de louza de San Claudio comeza a súa andadura en 1901, coñecida por aquel entonces como "Sociedad Senén Mª Ceñal y Cía." coincidindo co período de florecemento das fábricas de louza no resto de España, que buscaban satisfacer os gustos burgueses da época. A fábrica ovetense ábrese timidamente ó mercado conseguindo pouco a pouco dominar o mercado no Norte desprazando os produtos de San Juan de Aznalfarache, dos que se inspiraba en moitas ocasións exercendo certa imitación (Buelga Buelga, 1994: 29). Exemplo da expansión comercial de dita fábrica é a presente peza D-1456.235/118, que sae a luz nas intervencións arqueolóxicas levadas a cabo na rúa Raxoi 4-5, cunha cronoloxía determinada que pode ir desde o período moderno até a idade contemporánea (López - Felpeto Gómez, 2016).

Bibliografía:
BUELGA BUELGA, M (1994): La Fábrica de loza de San Claudio, Museo de Bellas Artes de Asturias, Oviedo.
LÓPEZ-FELPETO GÓMEZ, M.A. (2016): Memoria técnica Intervención arqueolóxica (Sondaxes valorativas e Control arqueolóxico ): rehabilitación de edificio para apartamentos turísticos e planta baixa para uso comercial. Avenida de Raxoi, 4 e 5 Santiago de Compostela (A Coruña).
Forma de Ingreso Depósito por intervención arqueolóxica. Cata/sondaxe
Fecha de Ingreso 29/04/2016
Catalogación del Río Canedo, Verónica
| más imágenes |
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6