Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE003158
Clasificación Genérica Pintura
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Parada Justel, Ramón (Lugar de nacimiento: Esgos (l), 1871 - Lugar de defunción: Ourense (l), 13/05/1902)
Título Paisaxe dos arredores de Madrid
Materia/Soporte Lenzo
Marco: Madeira Dourado
Técnica Óleo
Dimensiones Marco: Altura = 57 cm; Anchura = 112,50 cm
Sen marco: Altura = 39 cm; Anchura = 95,50 cm
Descripción O lenzo recolle unha ampla visión panorámica dos arredores da capital coas súas chairas e a serra do Guadarrama como escena de fondo. O pintor aborda a natureza de forma directa e instintiva, nunha composición apaisada construída con manchas de cor en pincelada áxil de empaste lixeiro. Destaca a captación dos celaxes en movemento e o estudo do efecto de luz que estrutura a paisaxe en sucesivos planos de profundidade. A pintura aplicada directamente sobre a tea sen bosquexo previo, o traballo executado ao aire libre, o gusto polo non acabado e a referida captación de luz e atmosfera, espellados cunha grande forza plástica como fundamento do cadro, vincúlano cunha paisaxe conceptualmente moderna.
Iconografia Paisaxe
Firmas/Marcas/Etiquetas Sen asinar
Datación 1897
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Historia del Objeto EXPOSICIÓNS:
Ano 1977: Ramón Parada Justel. Ourense
Clasificación Razonada A obra encádrase moi ben no contexto da paisaxe realista, impulsada en España a través das ensinanzas impartidas polo belga Carlos de Haes dende a súa Cátedra de paisaxe na escola de Belas Artes de San Fernando e que tivo como principal achega a imposición os seus discípulos de pintar en plena natureza, predicando sempre a sinceridade e o respecto ao natural.
Esta nova visión débese tamén nunha boa parte ao redescubrimento do dezanove da gran pintura española do século XVII, en especial do realismo velazqueño e os fondos dos seus retratos reais coa montaña do Guadarrama como escenario. A emblemática serra converterase daquela en imaxe de moda, frecuente fonte de inspiración e motivo de reflexión, adquirindo unha extraordinaria presenza, non tanto estética como tamén moral, tanto para os pintores como no mundo da literatura, dando lugar á proliferación de obras sobre a serra madrileña que se articula como a "espiña dorsal" de España, en expresión de Giner de los Ríos.
Bibliografía FARIÑA BUSTO, F. Exposición Inaugural Ramón Parada Justel (1871-1902). Ourense (l): Ministerio de Cultura, Delegación Provincial de Ourense, 1979.

FERRO COUSELO, J. Crónica del Museo. Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense. Ourense (l): 1950-1951, VI.

GARCÍA CABALLERO, M. J. Parada Justel, Ramón. Gran Enciclopedia Gallega. 24. pp. 5-6.

HERNÁNDEZ TRIVIÑO, A. Ramón Parada Justel. mecanografiado.

LORENZO RUMBAO, B. Paisaxe dos arredores de Madrid. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 01/2000. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2000_01_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.

LORENZO RUMBAO, B. Parada Justel. En: VV.AA.. Artistas Galegos. Pintores. Novecentos. Vigo (m): Nova Galicia Edicións, 1998. p. 261, nº 250.

PABLOS HOLGADO, F.. Pintores gallegos del novecientos. Coruña (A) (l): Ed. Atlántico, 1981.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 26/04/1951
Catalogación Lorenzo Rumbao, Belén
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6