Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-160
|
Clasificación Genérica |
Pratería; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Obxectos devocionais; Cristianismo: obxectos rituais e cerimoniais
|
Objeto/Documento |
Cruz
|
Nombre Específico |
Cruz procesional
|
Autor/a |
Pecul Montenegro, Jacobo [Membro dunha importante familia de orfebreslos Pecul. Jacobo Luis Joaquín Pecul Montenegro y Crespo; hijo de Claudio Pecul y Juana Crespo, fue bautizado el 17
de agosto de 1753, siendo apadrinado por Jacobo de Piedra y su esposa
Luisa Crespo.]
|
Materia/Soporte |
Prata
|
Técnica |
Labra Sobredourado Cicelado
|
Dimensiones |
Profundidade = 18,50 cm; Altura = 99 cm; Anchura = 32,70 cm
|
Descripción |
Cruz latina, da tipoloxía de brazos desiguais rematados nos seus extremos con forma trilobulada en forma de «tornapuntas» en c co interior de espello. Mostra na intersección dos seus brazos catro faces de raios. No cruceiro do anverso aparece a figura de Xesús Crucificado e no reverso o relevo da Virxe entregando un rosario a un monxe, seguramente santo Domingo. Presenta unha macolla periforme invertida decorada con fortes costelas que soportan tres querubíns, un deles desaparecido.
|
Iconografia |
Crucifixión; Entrega do rosario a Santo Domingo
|
Firmas/Marcas/Etiquetas |
J. / PECUL SAN/CHEZ ,e a data (data do contraste). Marca con cáliz sobremontado da Sagrada Forma (de contraste e de localidade, Santiago de Compostela). [Aparece a firma do plateiro compostelán Jacobo Pecul Montenegro. Figuran as marcas J. / PECUL (de plateiro). SAN/CHEZ (de marcador), e a data 94 (data do contraste). Marca con cáliz sobremontado da Sagrada Forma (de contraste e de localidade, Santiago de Compostela).]
|
Datación |
1794
|
Contexto Cultural/Estilo |
Neoclasicismo
|
Lugar de Producción/Ceca |
Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
|
Uso/función |
Litúrxico
|
Lugar de Procedencia |
Santiago de Compostela
|
Clasificación Razonada |
Jacobo Luis Joaquín Pecul Montenegro y Crespo foi membro dunha importante familia de orfebres, os Pecul. Fillo de Claudio Pecul e Juana Crespo, foi bautizado o 17 de agosto de 1753, sendo apadriñado por Jacobo de Piedra e a súa muller Luisa Crespo. Aprendeu o oficio co seu pai e casouse coa filla do escultor Ferreiro. Casouse coa filla do escultor Ferreiro e foi o substituto do seu pai no cargo de prateiro do Hospital Real. Finou en 1817.
Para X. M. López Vázquez (informe no expediente da peza), a supresión do cuadrón circular substituido por faces de raios nas interseccións dos ángulos da cruz e un sol sobre o Crucificado, aparece xa na Cruz de Lousame, recoñecida por Pecul como de man no seu «Libro de Caja» e datada así mesmo en 1789. Pola outra banda, esta cruz é exactamente igual á da Colexiata da Coruña con contraste de 1796, mais pagada no ano precedente e que aparece tamén no citado «Libro de caja». É moi parecida tamén á cruz de San esteban de Piadela. A cruz presenta numerosos punzóns do propio Pecul, como prateiro, e de Xosé Sánchez, marcador, e de localidade, correspondentes as marcas composteláns cos díxitos 94.
A pureza que presentan os relevos da escena da Entrega do Rosario poden remitir á sua factura por José Ferreiro, sogro do autor, que as fixera en outras ocasións. Nesta cruz Pecul introduce un novo modelo de Crucificado (vixente despois ata a metade do século XIX) xunto co novo modelo ce cruz. Por todos estes motivos, esta cruz pode considerarse como peza interesante na orfebrería galega.
Entre outras cruces do mesmo autor, poderíanse destacar: de remate con venera as de San Juan de Touro, Santa maría de Alba, San Vicente de Cespón e a de San Cristobal de Abanqueiro; de remate en espello flanqueado por duas «semicés», do mesmo tipo que a presente no Museo, as de San Tirso de Mabegondo, Santa Eulalia de Abegondo, Santa maría de Turces e a de San Cristobo de Eixo.
|
Bibliografía |
LÓPEZ VÁZQUEZ, José Manuel. Orfebrería compostelana: la evolución de las cruces parroquiales en la segunda mitad del siglo XVlll y primer tercio del siglo XlX. Cuadernos de Estudios Gallegos, XXXll, fasc. 96-97 (1981). pp. 517-523.
|
Forma de Ingreso |
Depósito por compra. Directa
|
Fecha de Ingreso |
30/10/1995
|
Catalogación |
Pesquera Vaquero, Mª Isabel
|