Museo |
Museo Monográfico del Castro de Viladonga
|
Inventario |
1970/00607
|
Clasificación Genérica |
Ferramentas e útiles. Obxectos domésticos
|
Objeto/Documento |
Peite ou ripo
|
Materia/Soporte |
Ferro
|
Técnica |
Forxado
|
Dimensiones |
Longo = 35 cm; Ancho = 13 cm; Peso = 1025 gr
|
Descripción |
Peite ou ripo de ferro. Feito con variñas de sección rectangular unidas, máis anchas nos extremos, leva unha especie de plancha grande, tamén de forma rectangular, no centro e polas dúas caras.
|
Datación |
201=500 (S.II-V dC.)
|
Contexto Cultural/Estilo |
Galaico-romano
|
Uso/función |
Para desenredar a la
|
Lugar de Procedencia |
Castro de Rei, (Lugo)
|
Lugar Específico/Yacimiento |
Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo)
|
Clasificación Razonada |
A la e o liño foron as principais materias primas usadas no mundo galico-romano para a producción textil. O uso dunha ou doutra fibra tiña que ver coa dispoñibilidade ou a función (vestimentas, cordaxe, velas de barcos, redes de caza ou pesca...). A cadea operativa difería sustancialmente dependendo das fibras usadas, pero había elementos que poderían ter sido usados indistintamente, como é o caso do peite ou ripo que nos ocupa.
No caso do castro de Viladonga, de onde procede, as evidencias arqueolóxicas, polo momento, só atestiguan o uso de la (restos de fibras e tecidos, pegadas e ósos de ovella, tesoiras de rapar). Os achados de peites similares a este, tanto na península, como na Europa continantal e, principalmente, nas illas, parecen circunscribir a súa aparición a áreas de influencia romana onde a producción de la de ovella era predominante.
Este tipo de peites foron diseñados para insertarse na parte superior dun poste, e a súa función era a de alinear as fibras para fiar, separando as fibras longas das curtas. As fibras maís longas e finas, de maior valor podían ser envoltas para o seu transporte en forma de bolas ou mechas de la (Wild, J.P. 2002).
Autores como W. H. Manning (1972) estudiaron este tipo de instrumental sobre a teoría dunha industria de producción de la na Britania romana. Algunhas conclusións extraídas do seu traballo sinalan a posibilidade de que o cardado da la puido ter sido unha ocupación profesional ou semiprofesional. Manning tamén recolle a posibilidade de que este traballo se fixera a gran escala en grandes "villae".
En canto aos paralelos, o máis cercano e en mellor estado atopámolo na colección etnográfica do Museo de León, mentres que no sur das Illas Británicas constatamos a presencia de, cando menos, unha ducia de peites de ferro dobres e, outros tantos, con variñas só nun dos seus lados. Entre estes últimos podemos destacar o recuperado no xacemento de Great Chesterford, actulamente na colección do British Museum.
|
Bibliografía |
ALFARO GINER, CARMEN. El tejido en época romana
Cuadernos de Historia 29. Madrid (m): 1997. ALFARO GINER, CARMEN. Tejido y cestería en la Península Ibérica. Historia de técnica e industrias desde la Prehistoria hasta la romanización.
Biblioteca Prehistórica Hispana Vol. XXI. Madrid (m): Consejo Superior de Investigaciones Cientificas, C.S.I.C., 1984. CHAMOSO LAMAS, MANUEL. "Las excavaciones del Castro de Villadonga y la problemática que plantean sus resultados". Actas del Coloquio Internacional sobre el Bimilenario de Lugo. Lugo: Diputación Provincial de Lugo, 1977, pp. 41-46. ROCHE-BERNARD, G.; FERDIERE, A.. Costumes et textiles en Gaule Romaine. Paris: Errance, 1993. 58. SÁNCHEZ, Annette. La civilisation romaine au travers des graffitis. Le Bohec, Yann(prol). 2017.
|
Catalogación |
Durán Fuentes, Mª Consuelo; Durán Fuentes, Mª Consuelo; Durán Fuentes, Mª Consuelo; Pérez Rozas, Álvaro
|