Foto: Xenaro Martínez Castro

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-686
Clasificación Genérica Libros; Orde de Santiago; Documentos e publicacións
Objeto/Documento Libro relixioso
Autor/a López Agurleta, Joseph [Naceu en El Casar no último cuarto do XVII. Historiador que ocupou a súa vida ao estudio dun tema concreto: a historia da Orde Militar de Santiago. Foi ademáis sacerdote e cabaleiro santiaguista. Despois de realizar os seus estudos, foi admitido en 1692]
Impresor: Taller de; Peralta, Bernardo [Madrid]
Título Vida del Venerable fundador de la Orden de Santiago y de las primeras casas de redempción de cautivos, continuación de la apología por el habito canónico del patriarcha Santo Domingo en la misma Orden, apendice de escrituras y notas pertenecientes a las t
Materia/Soporte Papel
Técnica Gravado ao burel
Impresión tipográfica
Dimensiones Profundidade = 6 cm; Alto máx = 31 cm; Ancho máx = 23 cm
Descripción Obra que trata da relación entre a Orde de Santiago e a Orde relixiosa de Predicadores fundada por San Domingos de Guzmán. Este santo parece que entrou a formar parte da Orde de Santiago segundo a Historia a partires dos catorce ou quince anos xa que gardaba certo parentesco co Primeiro Mestre desta.
Obra impresa en folio menor. Encadernación moderna en media pel, con nervios e dourados no lombo (asimesmo no lombo figura o nome do autor, título e data de publicación). (incompleto, falto das últimas follas do índice).
Gravado 1º: representación a toda páxina. O fundador da Orde de Santiago, vestido co hábito da mesma Orde, en pé dominando a escea, a cada un dos seus lados sitúanse grupos de cabaleiros a cuxos pés se ven os restos dos vencidos. Á esquerda, grupo de cabaleiros onde destaca un que porta un estandarte no que se representa a Santiago Matamouros. Á dereita, grupo de cabaleiros onde destaca un que porta estandarte coa cruz das Cruzadas. O fundador porta unha espada na man dereita (co seguinte lema: Fidei Defensio) e unha cruz na man esquerada (co lema: Fidelium Redemptio), está situado sobre varios obxectos, restos de arnaduras, trompetas, un libro (co título Regula Santi Spiritus gratia), baixo esta escea hai un rexistro cunha inscrición (v. apartado inscrición ou marcas) e baixo este hai outro rexistro de menor dimensión no que se sitúa a sinatura do gravador (v. apartado firma).
Portada: Decorada por unha sinxela orla vexetal que a circunda, o texto que presenta é o seguinte: Vida del Venerable fvndador de la Orden de Santiago, y de las primeras casas de redempcion de cautivos. Continuacion de la Apologia por el habito canonico del patriarcha Santo Domingo en la misma Orden. Apendice de escrituras y notas pertenecientes à las tres Familias de Fitas, Sarrias, y Navarros, Madres de tres Jacobeos Fundadores. Dedicado Al Ilustrissimo Señor Doctor Don Benito Crespo, Obispo de la Santa Iglesia de Durango, en la Nueva Vizcaya, del Consejo de su Magestad. Por su autor Don Josepf Lopez Agurleta, Canonigo Reglar de San Agustin, de la Orden, y Habito de Santiago, en el Real Convento de Uclès. Con privilegio. En Madrid: En la Imprenta de Bernardo Peralta, en la Calle de la Paz. Año de M.DCC:XXXI.
A obra contida neste volume está dividida en tres libros, cada unha coa súa correspondente paxinación. Os títulos de cada unha destas partes son:
- Vida del V. Maestre, patriarcha, y fundador de la esclarecida militar Orden de Santiago, Don Pedro Fernandez.
- Continuacion de la apologia por el habito canonico de Santo Domingo.
- Apendice. Fitas, Sarrias y Navarros, ilustres familias de los tres Jacobeos Patriarchas, fundadores de las Ordenes de Santiago, Monte-Gaudio, y predicadores. Escrituras, y notas tocantes a ellas.
Gravado 2º: Ilustrativo da terceira parte deste volume. Representación dunha árbore xenealóxica. Contén na parte superior unha cartela co título: Arbol sacro, real genealogico. Na parte inferior sitúase, tumbado, a unha personaxe que se identifica mediante a cartela que se lle coloca debaixo (D. Garcia de Najara. 1092). Do peito desta personaxe surxe unha árbore que ocupa a maior parte da páxina, onde cada rama é o descendente da personaxe principal. O nome dos descendentes identifícase mediante a correspondente cartela, salvo algúns que aparecen, ademáis representados: San Fernando, San Luis, Santo Domingo, San Martin de Huerta. e V. D. Pedro Fundador.

DESCRICIÓN FÍSICA: [42], 330; [4], 156; [2], 116, [36] páginas, [1] hoja de grab. ; folio
Iconografia Cabaleiro da Orde de Santiago; Santo
Inscripciones/Leyendas Primeiro gravado
Militiae Jacobi structor rector que fuisti sic te promeritis ditavit gratia Christi. V. Petrus Fernandi obiit die XI. Julii 1184
Datación 1731
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Madrid (m) (Area Metropolitana de Madrid (comarca), Madrid <(provincia)>)
Uso/función Divulgacion da vida dos patróns da Orde de Santiago e a Orde dos Predicadores.
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>:
- Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007.
Bibliografía PORTO RUZA, Ana. Vida del venerable fundador de la Orden de Santiago, y de las primeras casas de redempción de cautivos. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. II, p.p. 195-[197] .
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 23/03/2004
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |

Foto: Xenaro Martínez Castro

Foto: Xenaro Martínez Castro

Foto: Xenaro Martínez Castro

Foto: Xenaro Martínez Castro

 
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6