Descripción |
Bloque prismático de mármore con vetas, traballado nas súas seis caras, en dous momentos distintos, agrupándose de tres en tres e variando a orientación da peza.
Nunha primeira etapa, labrouse un dos lados maiores en posición vertical cun tema vexetal organizado dentro dunha cartela rectangular. Na base, dispóñense catro grandes e carnosas follas de acanto, algo trepanadas, organizadas en torno a un colgante piriforme. Entre os extremos das follas locen dúas flores hexapétalas, mentres que na parte superior xorden róleos e talos nunha profusa decoración vexetal na que peteiran dúas aves asimétricamente dispostas.
Nas caras laterais lábrase unha crátera ou "kantharos" gallonado do que parten follas de vide e zarcillos; nunha das caras, o motivo é apenas visible xa que foi repicada para asentar a peza na súa ulterior reutilización.
Trátase dun dos mellores exemplares da plástica galega de época romana. O seu deteriorado estado actual, con varios esmoucados así como un notable desgaste da superficie esculpida, non impide apreciar a riqueza da labra e a habilidade da súa execución.
O bloque foi reutilizado nun segundo momento, labrándose as outras tres caras e modificando o eixe de orientación que se dispón agora en horizontal. A cara frontal ofrece, encadrada nun marco rectangular, unha escena con dúas figuras afrontadas vestidas con túnicas curtas que sinalan pregues despois de cinguirse á cintura. Os personaxes estenden os brazos e xuntan as súas mans sostendo uns ramos ou suxeitando os pés dunha terceira figura, mentres á esquerda da composición se sitúa unha esquemática representación dunha árbore. Unha ampla cenefa vexetal exornada por un talo ondulante do que parten follas de hedra triangulares a un e outro lado alternativamente, delimitada por dous baquetóns verticais, completa a ornamentación desta cara.
Un motivo igual ao anterior aínda que coa particularidade de mostrar unha tetrafolia inscrita nun círculo nun dos extremos, repítese nos lados menores.
A escena principal, de difícil lectura, foi considerada nun principio como unha ofrenda e máis tarde reinterpretada por Bango como unha representación da ascensión de Cristo, o que conferiría á obra, de ser así, un extraordinario interese iconográfico polo feito de representar soamentes os pés de Cristo na escea.
|
Clasificación Razonada |
A primeira mención desta peza aparece nun traballo de Puga Brau sobre o escritor alaricano P. Loya, mención que permitiú a recuperación da peza e o seu primeiro estudo por parte de Osaba e Ruiz de Erenchún, naquelas datas director do museo ourensán, no mesmo volume do Boletín do Museo Arqueolóxico de Orense.
Respecto ao destino desta peza a maioría de autores inclínase pola súa función como pilastra decorativa, posiblemente dun monumento funerario.
En canto á súa cronoloxía, hoxe queda clara a súa adscrición ao mundo romano, aínda que os diversos investigadores que se ocuparon do seu estudo aportan datacións que van dende o século IV (segundo numerosos paralelos) ata o século II, data que lle atribúen Acuña e Valle (1991), en base a trazos estilísticos e iconográficos.
É tamén polémica a datación do segundo momento de uso. Se por unha banda, os seus trazos estilísticos- utilización da talla en reserva, definindo siluetas planas e bordes redondeados- remiten a modelos da arte asturiana, á vez que evidentes semellanzas cos relevos de Camba (Ourense) e coa pía de San Isidoro de León- postas de manifesto por diversos autores- aconsellan adxudicarlle unha cronoloxía en torno ó século XI, igual que a que se propón para as ditas pezas, a existencia no mesmo lugar de Amiadoso de dúas cruces asturianas de tempos de Afonso III ou inmediatamente posteriores, isto é, na primeira metade do século X, suxiren unha data máis recuada, que parece hoxe por hoxe a máis axustada.
|
Bibliografía |
Placa decorativa. En: VV.AA.. Unha escolma de escultura. 2006. pp. 103-105; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Xunta de Galicia, A Coruña. ACUÑA FERNÁNDEZ, P; VALLE PÉREZ, J. C. Pilastra de Amiadoso. Galicia no Tempo. Catálogo da exposición. Santiago de Compostela: 1991. BANGO TORVISO, I. Galicia Románica. Vigo (m): 1987. CABALLERO ZOREDA, L. Sobre Santa Comba de Bande (Ourense), y las placas de Saamasas (Lugo). 1991. pp. 75-115; Galicia no Tempo. Catálogo da exposición, Santiago de Compostela. CASTIÑEIRAS GONZÁLEZ, M. A. La reutilización de piezas romanas y medievales en Galicia. Brigantium. Coruña (A) (l): 1989-1990, 6. pp. 77-90. CEGARRA, B. Guía da arte de Galicia. Vigo (m): Editorial Galaxia, 1992. pp. 97-98. CHAMOSO LAMAS, M. Galicia. 1982. Tierras de España, Editorial Noguer, Barcelona. FARIÑA BUSTO, F. Amiadoso. Galicia castrexa e romana. Galicia Terra Única. 1997. pp. 313-316. FARIÑA BUSTO, F. Cruz. Orígenes, arte y cultura en Asturias. Siglos VII-XV. Oviedo: 1993. pp. 124-126. FARIÑA BUSTO, F. Placa decorativa de Amiadoso. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 01/2004. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2004_01_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017. FARIÑA BUSTO, F. El Museo Provincial de Orense. 1978. pp. 82-104; Orense, II, Diputación Provincial. FARIÑA BUSTO, F; CALO LOURIDO, F. Escultura romana. pp. 125-132; Gran Enciclopedia Gallega, 10. GARCÍA IGLESIAS, J. M. El arte paleocristiano y prerrománico. 1988. Enciclopedia Temática de Galicia, Arte, Editorial Nauta, Barcelona. LORENZO FERNÁNDEZ, X. La capilla visigótica de Amiadoso. Archivo Español de Arqueología. 1953, XXVI.pp. 424-433. LORENZO FERNÁNDEZ, X. La iglesia prerrománica de San Martiño de Pazó. Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: 1965, 61. XX . NÚÑEZ RODRÍGUEZ, M. Aproximación al estudio de las formas ornamentales en Galicia durante la época visigoda. Revista de Guimarães. 1976, pp. 177-186; LXXXVI. NÚÑEZ RODRÍGUEZ, M. Arquitectura Prerrománica. 1978. COAG, Madrid. NÚÑEZ SÁNCHEZ, Mª del P.. Placa decorativa de Amiadoso. In Tempore Sueborum. El tiempo de los Suevos en la Gallaecia (411-585). El primer reino medieval de Occidente. Catálogo de Exposición. Deputación Provincial de Ourense, 2017. pp. 157-159. OSABA Y RUIZ DE ERENCHUN, B. El arte mozárabe en Galicia. Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense. 1949, V. pp. 59-91. OSABA Y RUIZ DE ERENCHUN, B. Museo Arqueológico de Orense. Memorias de los Museos Arqueológicos Provinciales. Madrid: 1945, VI. pp. 86-90. OSABA Y RUIZ DE ERENCHUN, B. Relieve visigótico inédito y dos cruces mozárabes también inéditas. Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense. 1946, II. pp. 7-23. PUGA BRAU, J. ¿Cuándo y dónde nació el Cicerón Gallego, Tertuliano español y Fénix de la elocuencia?. Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense. 1946, II. p. 46. RIVAS FERNÁNDEZ, J. C. Algunas consideraciones sobre el prerrománico gallego y sus arcos de herradura geminados. Boletín Auriense. Ourense (l): 1971, I. pp. 61-125. RIVAS FERNÁNDEZ, J. C. Un inédito e interesante vestigio de la iconógrafía visigótica en Galicia, procedente de la iglesia prerrománica de San Martiño de Pazó. Boletín Auriense. Ourense (l): 1976, VI. pp. 169-182. RODRÍGUEZ COLMENERO, A. Galicia meridional romana. 1977. p. 350; Universidad de Deusto, Bilbao. RODRÍGUEZ COLMENERO, A. Historia da arte romana de Galicia. 1993. pp. 469-470; Arte Prehistórica e romana. Galicia Arte, IX, Hércules, A Coruña. SCHLUNK, H. Arte visigodo. Arte asturiano. Ars-Hispania, II. Madrid: 1947. p. 386. VALLE PÉREZ, J. C. Escultura paleocristiana y prerrománica. Gran Enciclopedia Gallega. 10. pp. 132-135. VALLE PÉREZ, J. C. A escultura en Galicia durante a Idade Media. 1980. Ciclo de conferencias. Evolución cultural de Galicia, Vigo. VV.AA.. Crónica del Museo. Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense. 1946, II. VV.AA.. La placa de Amiadoso (Allariz, Ourense): Nuevos datos sobre el uso del mármol local en el noroeste de Hispania a partir de un estudio interdisciplinar. Espacio, Tiempo y Forma. Madrid: Universidad Nacional de Educación y Distancia, 2016, I. Serie I. Prehistoria y Arqueología Nº. 9. Disponible en: <http://revistas.uned.es/index.php/ETFI/article/view/17540/15049> Consulta: 14/02/2017. YZQUIERDO PERRÍN, R. Arte Medieval (I). 1993. pp. 151-152; Galicia Arte, X, Hércules, A Coruña.
|