Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-408
|
Clasificación Genérica |
Servizos de mesa; Obxectos de equipamento doméstico: alimentación
|
Objeto/Documento |
Prato baixo
|
Autor/a |
Pickman y Cía, Manufactura de [La Cartuja de Sevilla. Sevilla. manufactura de ´Pickman y Cía´ foi creada por Carlos Pickman en 1838. Chegou a Cádiz en 1822 para encargarse do negocio familiar rexentado polo seu irmán como representante en España do negocio paterno da louza estampada q]
|
Conjunto |
Vaixela de louza do Hospital de San Roque de Santiago
|
Materia/Soporte |
Vedrío Louza
|
Técnica |
Moldeado industrial [podería ser de louza de pedernal, pasta algo máis pobre que a louza fina tamén chamada ´ china opaca´ nesta manufactura utilizábanse terras andaluzas outras procedentes de inglaterra] Esmaltado [esmaltes de chumbo para a cuberta de cobre para a decoración]
|
Dimensiones |
Ancho máx = 23 cm; Altura = 3 cm Base: Diámetro = 13 cm Boca: Diámetro = 23 cm
|
Descripción |
Prato chan, en loza fina branca, recuberta de esmalte de chumbo e decoracions en esmalte verde baixo cuberta. Ó ser un prato, carece de elementos de suspensión. Decorado con dobre fileteado en verde sobre o borde exterior da ala sendo o máis externo o mais groso. Na parte interna da ala ten un so filete tamén en verde. No centro do prato está o escudo do arcebispo Francisco Blanco (1574 - 1571) fundador do Hospital de San Roque en 1577. No borde da boca doble fileteado en verde, máis groso o superior. Clasificación científica: Todas as pezas (D-255 a D-454) proceden do Hospital de San Roque, moitas delas presentan na súa base a marca impresa ou pintada de la manufactura de "Pickman y Cía" polo que aínda pódese pensar, dadas as características homoxéneas en canto á pasta, calidade dos esmaltes e da decoración que todas fosen producidas pola mesma fábrica á que sería lóxico pensar encargasen todos los elementos necesarios. As pezas proceden do Hospital de San Roque, fundado polo arcebispo Francisco Blanco o 1 de xuño de 1577, co obxectivo de atender ós enfermos da peste bubónica, que afectou a Galicia e a Santiago con elevadas taxas de morbilidade e mortalidade ó longo de todo o século XVI, e doutras enfirmidades contaxiosas. Co paso do tempo foi especializándose na curación de sífilis ou "mal gálico". Este hospital desenrolou a súa actividade ata 1836 en que coa desamortización, tivo que ser pechado xa que dende sempre a súa titularidade correspondeu o Cabido da Catedral.O escudo do arcebispo fundador, Francisco Blanco, é o que figura en tódolos recipentes e é o mesmo que pode verse na fachada do Hospital.
|
Iconografia |
Escudo do arcebispo Francisco Blanco
|
Inscripciones/Leyendas |
No corpo HOSPITAL DE Sn ROQUE / SANTIAGO DE COMPOSTELA [Inscricións: No corpo: HOSPITAL DE Sn ROQUE / SANTIAGO DE COMPOSTELA]
|
Firmas/Marcas/Etiquetas |
Na base PICKMAN SEVILLA CARTUJA [Marcas: Na base: marca impresa circular con inscripción: PICKMAN SEVILLA .No círculo interior ten un ancla e enriba a inscripción: CARTUJA .]
|
Datación |
1838[ca] (A partires de 1838.Data de fundación da fábrica ´Pickman y Cía´ donde probablemente se facturou a peza .)
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea [Romanticismo]
|
Lugar de Producción/Ceca |
Sevilla (m) (Vega del Guadalquivir (comarca), Sevilla)
|
Uso/función |
Para servir comida
|
Lugar de Procedencia |
Santiago de Compostela
|
Lugar Específico/Yacimiento |
Hospital de San Roque
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIONS>: -O Hospital Real de Santiago de Compostela e a hospitalidade no Camiño de Santiago. Museo do Pobo Galego-San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela, do 13 de xullo ao 29 de agosto de 2004.
|
Clasificación Razonada |
La Cartuja de Sevilla. Sevilla. Manufactura de ´Pickman y Cía´ foi creada por Carlos Pickman en 1838. Chegou a Cádiz en 1822 para encargarse do negocio familiar rexentado polo seu irmán como representante en España do negocio paterno da louza estampada que o seu pai posuía en Liverpool (Inglaterra). A fábrica foi unha das mellores productoras de louza da Península, non só por as súas pastas senon pola súa calidade técnica e artística, continuando a súa fabricación ata hoxe.
|
Bibliografía |
CARRO OTERO, José. Materiais para unha historia da medicina galega. Santiago de Compostela: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, 1998. Tomo I, pp. 19-27. PESQUERA VAQUERO, María Isabel. Conxunto de 200 pezas de uso sanitario e de mesa: xerras, bacías, casillas, cuncas, cunquiñas, pratos e cuncos. O Hospital Real de Santiago de Compostela a a hospitalidade no camiño de peregrinación: [catálogo da exposición celebrada en] Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 14 xullo - 29 agosto 2004, Marcelina Calvo Domínguez. Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2004. pp. 311-313.
|
Forma de Ingreso |
Depósito
|
Fecha de Ingreso |
02/02/2001
|
Catalogación |
Pesquera Vaquero, Mª Isabel
|